skip to main |
skip to sidebar
Curiosa historia: Resulta que un profesor, Juan Carlos Carrión,
comezou a utilizar, hai moitos anos, un interesante método para ensinar
inglés que consistía en facer escoitar aos seus alumnos cancións dos Beatles e propoñelos que escribisen a letra. Eran os anos 60. Hoxe
parécenos normal este exercicio de intentar "encher" os "ocos" de
letras de cancións mentres as oímos verdade? Pois non o era cando para
sacar as letras este profesor tiña que oír raio Luxemburgo (onde picaban
aos Beatles continuamente) e pasarse horas
intentando coller todas as palabras das cancións. Pero sempre se lle
escapaba algunha (porque, claro, as cancións van á présa e a radio non
tiña "pause") e ao final tiña "ocos" en todas as súas páxinas, palabras
que lle escaparan.Pouco despois os Beatles
empezaron a sacar discos no Reino Unido e despois en España. Este
profesor xa podía adquirir o disco e poñerse as cancións unha e outra
vez para sacar a letra (porque a letra non ía no disco). Entón Juan Carlos, que daba clases en Cartagena, decátase de que John Lennon
está en Almería rodando unha película, e nin curto nin preguiceiro, vai
a buscalo levándose todas as letras con "ocos". Buscouno, deu con el e John Lennon encheulle algúns dos ocos. Ademais, prometeu enviarlle á súa academia as partituras das súas cancións.
Así o fixo dende entón. Naquela academia de Cartagena recibíanse as partituras das cancións dos Beatles. O máis curioso é que no seguinte álbum que publicaron The Beatles, "Sgt. Pepper's",
incluíron a letra das cancións. É o primeiro disco da historia da
música que apareceu coas letras. A partir de aí os discos aparecerían no
mercado coas letras das cancións.
0 comentarios:
Publicar un comentario