martes, 29 de marzo de 2011

Traballamos coa cantiga de Mendiño.

Tendo en conta o proxecto de centro que xira arredor da illa de San Simón, a chamada "cantiga de Mendiño" foi escollida polo alumnado de 5º e 6º do CEIP Outeiro das Penas para levar a cabo unha improvisación vogal e instrumental en torno a esta cantiga. Podedes descargala facendo clic aquí.

Os alumnos/as de 5ºA experimentan cos instrumentos.




Os alumnos/as de 5ºB tamén experimentan cos instrumentos.




Os alumnos/as de 6ºA van un pouco mais alá na experimentación cos instrumentos.





E por último, o alumnado de 6ºB.


Cantigas de amigo

Dado que Marín Códax foi un xograr galego (probablemente vigués) que compuxo varias cantigas de amigo con certas alusións ao mar de Vigo, os alumnos de 5º e 6º do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes estiveron a traballar sobre as cantigas de amigo e especialmente sobre as sete cantigas de Martín Códax. Así, mesturaron estas cantigas co rap como estilo musical e este foi o resultado.



Para ver o resto dos vídeos, fai clic aquí.

lunes, 28 de marzo de 2011

Movemos o esquelete.

Dado que chega o samaín, é hora de traballar esta festividade tal e como se merece. Para iso, o alumnado de 5º e 6º realizou un baile de esqueletes en base a unha canción un tanto tétrica, onde por grupos improvisaron os movementos a facer. Ollade para os resultados da clase de 6ºA.


E isto foi o que fixeron os de 5ºB.

Celebramos o samaín

Polo samaín, o alumnado de infantil estivo a traballar varias canción e unha das que máis éxito tivo foi a canción "Dentro del castillo" realizada polo alumnado de 4 anos A e 4 anos B a continuación:


domingo, 27 de marzo de 2011

O golfiño Gaspar

Gaspar é o golfiño que nos acompaña dende hai varios anos polas augas da ría de Vigo, e como non podía ser doutra forma, o alumnado do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes que está realizando un proxecto sobre a illa de San Simón, realizou unha canción en homenaxe a este curioso tipo de cetáceo e este foi o resultado. Para descargar a letra da canción pulsa aquí.

Os alumnos de 5ºB cantan e dramatizan a canción do golfiño Gaspar.


Os alumnos de 2ºB cantan e dramatizan a canción do golfiño Gaspar.


Os alumnos de 2ºA cantan e dramatizan a canción do golfiño Gaspar.



sábado, 26 de marzo de 2011

Era unha castaña...

Con motivo da celebración do magosto, o alumnado do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes estivo a facer unha serie de actividades arredor desta festa xa que é unha festa que está moi presente no noso entorno. Así, aproveitando o proxecto de centro deste primeiro trimestre que trata sobre a illa de San Simón, a cal está moi preto do noso centro e aproveitándonos das posibilidades que ofrece esta temática a nivel musical, realizouse unha mestura entre a castaña e a illa de San Simón, e este foi o resultado.

Os alumnos de infantil cantaron e bailaron a canción da castaña que podedes descargar aquí.




Para os de 1º ciclo a cousa non e tan doada, xa que implica maior concentración e coordinación de movementos.



Para o segundo ciclo, a parte de aprender a canción e os seus movementos, o alumnado realizou unha coreografía sobre o espacio.



E finalmente, o alumnado do terceiro ciclo, a parte de aprender a canción e os seu movementos e a coreografía de grupo, tamén realizou unha pequena instrumentación musical en base a un musicograma da canción.


Para ver o resto dos videos doutras clases, fai clic aquí.

viernes, 25 de marzo de 2011

O tesouro da illa de San Simón

Pois ben, seica hai moito tempo a illa de San Simón servía como refuxio de piratas e corsarios, os cales agocharon un tesouro dentro da illa. Xa que o CEIP Outeiro das Penas está traballando todo o relacionado coa illa de San Simón, o alumnado do centro investigou sobre este tesouro e vaites ti que atoparon unha morea de pistas para atopalo. Estas pistas agrupáronse nunha especie de xogo de números cantado, asi que velaí tendes o resultado. Para descargar a letra pulsa aquí.

Os alumnos de 5ºB dramatizan a canción do tesouro da illa de San Simón.


Os alumnos de 4ºB dramatizan a canción do tesouro da illa de San Simón.


Os alumnos de 4ºA dramatizan a canción do tesouro da illa de San Simón.


Os alumnos de 3ºA dramatizan a canción do tesouro da illa de San Simón.


Os alumnos de 2ºA dramatizan a canción do tesouro da illa de San Simón.

jueves, 24 de marzo de 2011

Traballamos coa figura do apalpador.

Pois ben, chegou o nadal e aparece a figura do apalpador, un home bonachón de oficio carboeiro que vive nunha devesa un tanto esquecida das montañas do Courel. Tendo en conta a súa historia, os alumnos fixeron diferentes actividades arredor deste persoaxe e sobre algún dos contos que tratan del. Podedes ver un resumo facendo clic en cada video.



Para ver todolos videos sobre as diferentes actividades que se fixeron arredor do apalpador, clicade aquí.

Se queres saber mais sobre o apalpador, bótalle un ollo á recopilación que se fixo dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes no seu blogue facendo clic aquí.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Traballamos co apalpador

Para ir abrindo boca sobre o tema do apalpador, aqui vos deixo unha morea de información recollida no blogue da biblio do C.E.I.P. Outeiro das Penas sobre este simpático persoaxe do nadal galego.


  

martes, 22 de marzo de 2011

Estreamos blog!!!

Este blogue nace coa intención de mostrar o traballo que se leva a cabo na aula de música do centro arredor de diferentes temáticas. Desta forma trataremos de investigar as posibilidades musicais de diferentes acontecementos, obxetos, situacións... que están ao noso arredor e sobre todo arredor dos nosos "cativos".

Agardo que vos guste, e se pode ser, que vos sirva de proveito.