viernes, 27 de mayo de 2016

CURTA DE ANIMACIÓN "ÁRBORES NO CAMIÑO".

Por fin podemos publicar "Árbores no camiño", a curta de animación que fixemos co alumnado de Infantil dentro da convocatoria "Nós tamén creamos".
Durante un mes tivemos que crear as personaxes, os escenarios, gravar as voces e montar unha curta que dera vida ao libro. Podedes ver todo o proceso de elaboración no making-off.


E este é o resultado.


Recuncho TIC English Wall Blog de Educación Musical Blog da biblioteca

miércoles, 18 de mayo de 2016

ARTE NO OUTEIRO

ARTE NO OUTEIRO - curta de animación "Árbores no camiño"

Falta pouco para a estrea da curta que fixo o equipo de Infantil co seu alumnado, que terá a súa estrea o vindeiro venres 20 ás 9.30 da mañá. Papás, mamás e demáis familia estades convidad@s a ver este traballo cos máis pequenos.

miércoles, 4 de mayo de 2016

CANTAMOS OS MAIOS

Velaquí o traballo que fixemos para celebrar os maios. Por un lado cada clase de primaria elaborou uhas coplas para cantar o venres pasado e que podedes ver facendo clic na seguinte imaxe.

http://musicascativas.wix.com/cantandoosmaios2016

E tamén todo o traballo previo que fixemos para elaborar o noso maio. Moi ben rapaces.

https://www.youtube.com/watch?v=Cn6aMoRQOr0