lunes, 18 de diciembre de 2017

MARCHA RADETZKY CON P.C.

O alumnado de 6º traballou estes días atrás cunha peza clásica moi coñecida chamada "marcha Radetzky" con percusión corporal, unha peza coa que remata o concerto de ano novo de Viena dende hai moitísimos anos. Clica na imaxe para ver o resultado.

https://www.youtube.com/watch?v=_Ax2OieRJLM


https://www.youtube.com/watch?v=fXRs66r83dE

jueves, 14 de diciembre de 2017

COMEZAMOS COA RUTA DO CARAMELO:)

Hoxe comezamos por oitavo ano consecutivo a nosa ruta do caramelo dentro do centro. Trátase de que os rapaces por quendas van de visita polas clases a cantar uns cantos de reis a cambio dun aguinaldo en forma de caramelos. Para ver os vídeos, clica na seguinte imaxe e segue as indicacións.

http://musicascativas.wixsite.com/cantandoosreis2017


BRASIL: DE ABOBORA FAZ MELAO

O alumnado de 4º realizou un baile con este brinquedo tan simpático do Brasil. Seguimos a coñecer distintas músicas do mundo.

 https://youtu.be/ccPgVzQrPGg


https://youtu.be/DVU_SgAxKIs

viernes, 1 de diciembre de 2017

XA SE ACHEGA O NADAL

O nadal está cada vez máis cerca e tal e como se ven facendo estes últimos anos, chega a hora dos cantos de reis e aguinaldos. Este ano inclúense tres villancicos de diferentes países xa que se relaciona co proxecto anual do centro "a volta ao mundo". Clica na seguinte imaxe para ver as cancións escollidas para este nadal.

http://musicascativas.wixsite.com/cantandoosreis2017