viernes, 18 de noviembre de 2011

A curiosa historia dos dez patiños de goma.

Unha historia real basada nun naufraxio dun barco mercante, foi o tema utilizado por Eric Carle para facer este conto cun toque persoal. Así, o alumando de 4º estivo a traballar con este conto aportando tamén un toque persoal. Se queredes ver os videos completos, facede clic aquí. A continuación, un resumo:



Traballamos coa tuba de Daniel.

O alumnado de 4º estivo a traballar con un conto chamado "As clases de tuba" para abordar o estudio da propia tuba, os signos de repetición musicais, a melodía, a coreografía e unha instrumentación. Todo isto a través dunha peza folk de Serbia chamada Ruzmarin. Para ver os videos completos facede clic aquí.

Primeiramente o conto:

E a coreografía e a instrumentación que fixo o alumnado de 4º coa peza.

viernes, 11 de noviembre de 2011

Verdade verdadeira

No pasado congreso de Educared 2011 celebrado en Madrid fai uns días, cerca de mil persoas tiveron a ocasión  de disfrutar cun verdadeira declaración de principios sobre a educación na era das novas tecnoloxías. Un pouco longo pero paga a pena. Bravísimo!!!

martes, 8 de noviembre de 2011

Os mais peques do cole tamén van.

Os alumnos/as de 3 anos utilizan un conto chamado "Todo o mundo vai" pra amosarnos a todos nós "con un toque de humor" ese lugar tan íntimo e persoal. Aquí podedes ver aos mais peques coa canción e a continuación o conto que eles mesmos interpretan. Podedes descargar a música facendo clic aquí e a letra clicando aquí. Para ver os videos completos pulsa aquí.


viernes, 4 de noviembre de 2011

Xogando a un clásico infantil.

Hoxe fixemos un xogo de roda cos peques de 5 anos do cole e utilizamos unha canción popular "a la zapatilla por detrás" que nós adaptamos ao noso xeito. Este foi o resultado.

jueves, 3 de noviembre de 2011

Os instrumentos chegan o cole

Pois si, no día de hoxe un grupo de alumnos e mestres de música do conservatorio de Redondela fixéronnos unha visita para mostrarnos os seus instrumentos a través dunha bonita historia. Foi moi bonito ver a compañeiros/as tocando os seus intrumentos cos mais maiores. Moi ben rapaces e rapazas, seguide mellorando así. Por outro lado, lembrar que o vindeiro venres 21/10 os alumnos/as que queiran poderán visitar o conservatorio de Redondela e tocar libremente diferentes instrumentos para ver se entra o gusaniño... quen sabe!!! Moitas gracias a tod@s por contribuir a este espectáculo.

De festa en festa.

O alumnado de 3º interpreta a continuación cos instrumentos unha peza de Carlos Núñez chamada "moita festa" do seu disco "A irmandade das estrelas".