lunes, 28 de octubre de 2013

Bailando un twist

Os rapaces de 4º comezaron a traballar a temática do samaín a través dun baile chamado "o twist do esquelete" e que podedes ver a continuación. Agardo que vos guste. Tamén vos deixo unha pequena mostra do que é o twist como estilo de baile.



A continuación podedes ver e escoitar unha simpática animación desta canción.


Bailando un clásico da señorita Paulina Rubio

Noa, Sara e Marta de 3ºB nos amosan un baile que prepararon entre elas da canción de Paulina Rubio "ni una sola palabra". Moi ben rapazas!!! seguide así.


E aquí vos deixoo karaoke para os máis aventureiros no mundo da canción.


miércoles, 23 de octubre de 2013

WERTGOÑA






Traballando á linguaxe audiovisual.

Estes días, os rapaces de 6º andan a traballar a linguaxe audiovisual en relación ao tema anterior "música e publicidade". Aquí vos mostro o traballo que teñen pendente para que sirva de axuda. 


lunes, 21 de octubre de 2013

Bailando con Luar na lubre

O alumnado de 2º nos amosa a súa propia interpretación dunha canción infantil que versiona o grupo galego "Luar na lubre" chamada "os animais" a través dun baile en pequeno grupo.



Outra versión da mesma canción pero en inglés.


viernes, 18 de octubre de 2013

Traballando con Eram sam sam

Eram sam sam é unha canción infantil de Marrocos e xa que no noso centro hai varios alumnos deste precioso país, velaí vai unha pequena homenaxe dos rapaces de 1º interpretando esta canción con xestos e con instrumentos. Agardo que vos guste.



Diferentes exemplos desta mesma canción.





jueves, 17 de octubre de 2013

Facendo un pouco o gorila

O alumnado de 1º nos amosa unha canción chamada "o gorila" que pertence ao libro de Susa Herrera "En cabárceno se oye cantar" e que interpretaron da seguinte maneira.


Tocamos con Mozart

O alumando de 2º nos amosa unha pequena versión instrumental dun tema que popularizou Mozart "Ah vous dirai-je, Maman", unha coñecida canción infantil francesa.


miércoles, 16 de octubre de 2013

Tocamos con Carlos Núñez

O alumnado de 3º estivo a traballar cunha canción de Carlos Núñez chamada "Moita festa" a través dun musicograma cos instrumentos. A continuación podedes ver o vídeo e o musicograma.



A xiralda, outro clásico das beiras do Miño!

Aquí vos mostro outro dos clásicos da música galego-portuguesa chamada a xiralda, a cal é interpretada polo alumnado de 1º a través dunha pequena coreografía espacial utilizando os tubos sonoros. Agardo que vos guste!




martes, 15 de octubre de 2013

Verdadeiramente emocionante

Humanidade, boa música e varias imaxes que valen máis que mil palabras.


lunes, 7 de octubre de 2013

Xogo de música

Aquí vos presento un xogo co cal desenvolver as vosas inquedanzas de compoñer música. Clica na imaxe e vai cambiando os músicos na parte superior.


domingo, 6 de octubre de 2013

Cancións de Spotify

Este é un dos curiosos videos que as veces chegan as nosas mans, neste caso aos nosos oídos, e que nos axudan a entender un pouco mellor a música que máis se escoita ao noso arredor.


jueves, 3 de octubre de 2013

Traballamos a estructura con un pouco de pan e mantequilla

Aquí vos deixo un breve resumo da audición que están a traballar os rapaces de 4º. Agardo que vos guste.

miércoles, 2 de octubre de 2013

Música e publicidade

O alumnado de 6º está a traballar o tema da música dentro da publicidade a través dunha análise dun anuncio publicitario. Tendo en conta isto, velaí vai unha pequena axuda para esta interesante tarefa que teñen.