martes, 31 de mayo de 2011

Facemos un menú saudable

O alumando de 4º, 5º e 6º estivo a traballar sobre a alimentación saudable. Así, colleron o menú do centro do mes de marzo e fixeron unha serie de combinacións posibles onde tiñan que escoller un primeiro plato, un plato forte e un postre o mais saudable posible de todas as opcións viables dentro deste menú do comedor, e este foi o resultado. Para ver o resto dos videos fai clic aquí.



lunes, 30 de mayo de 2011

O corpiño

Xa que a temática de centro é a alimentación saudable, resultou necesario facer unha chamada de atención sobre os habitos de hixiene tan importantes como a propia comida saudable. Así, fíxose unha canción que falaba destes hábitos saudables e tamén da necesidade de levalos a cabo. Para descargar a letra pulsa aquí.

Os alumnos e alumnas de 3 anos B cantando e dramatizando a canción.


Os alumnos de 1ºA cantando e dramatizando a canción.


Os alumnos e alumnas de 4 anos B cantando e dramatizando a canción.


Os alumnos e alumnas de 1º B cantando e dramatizando a canción.


Os alumnos e alumnas de 2º B cantando e dramatizando a canción.


Os alumnos e alumnas de 3º A cantando e dramatizando a canción.


Os alumnos e alumnas de 3º A cantan a canción e realizan un xogo de percusión cordinada.

Os cantos de labor

Dado que é unha temática un tanto agochada, os cantos de labor ou tamén chamados de oficios foron un tipo de cantos que realizaban persoas de diferentes profesións con diferentes finalidades como é entreter durante o traballo, para acompasar os movementos de cada traballo ao son da música... Así, o alumnado foi que de representar algún destes cantos cos seus movementos. Aquí vos mostramos o traballo que se fixo no Outeiro das Penas arredor deste tema.

Alumnos de 1ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 3ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 3ºA representando un canto de labor arrieiro.


Alumnos de 2ºB representando un canto de labor.


Alumnos de 3ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 2ºB representando un canto de labor mariñeiro.


Alumnos de 2ºB representando un canto de labor.


Alumnos de 3ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 2ºB representando un canto de labor.


Alumnos de 1ºB representando un canto de labor.

Celebramos o maio.

Ao longo do pasado mes de abril, no CEIP Outeiro das Penas, o alumnado de 6º estivo preparando unha actuación sobre os maios que se celebrou no multiusos da xunqueira xunto coa participación doutros centros do concello de Redondela. O certo é que non o fixeron nada ben xa que houbo quen tomou a actuación a broma. A verdade é que non vos podo felicitar rapaces... máis ben todo o contrario. O sentimento de vergoña é bastante grande pero... así son os directos.



A parte disto, algunhas clases do 2º e 3º ciclo estiveron traballando as coplas de maios que nesta ocasión tiveron a súa temática centrada en diferentes aspectos referidoos ao centro. Podedes ver os videos de uns e outros a continuación.





Chegou o entroido.

Por fin chegou o entroido, momento de festa e moita troula. Así, dentro da aula de música estivemos a preparar unha coreografía coa samba de Carlinhos Brown titulada "samba da Bahía" e dado que foi unha actividade que se levou a cabo en todas as clases de primaria, decidimos facer un flasmob despois dos desfiles de entroido ou polo menos o intentamos. O resultado final tería que ser algo así, pero fixemos o que puidemos. Mostramos a continuación como resultaron os ensaios, xa que non hai video do directo o día do desfile.
O alumando de 6ºA


O alumnado de 5º B


O alumando de 5ºA

O alumnado de 2ºA

Pintando a música

Ao longo deste curso realizouse en infantil unha serie de sesións pouco comúns e moito máis tranquilas do que acostumamos no noso día a día para traballar outro tipo de aspectos como a relaxación, a autoconfianza, o coñecemento do noso corpo... Así, se vos mostra unha das actividades de relaxación que fixemos dentro da aula de música, neste caso co alumnado de 4 anos A onde se utilizan varias pezas africanas como Yamore de Salif Keitha. Inda que algúns fixeron trampas o resultado final foi moi satisfactorio e repetible.


Traballando a terra

Nesta actividade quixemos mostrar as diferentes accións que se realizan nos diferentes traballos relacionados coa terra, da cal obtemos aqueles alimentos frescos que teñen tanta importancia na nosa dieta saudable.

Comezamos polos recolectores de froitas de 4º B.


E continuamos por aqueles traballos relacionados coa terra e os seus productos: traballando a terra de 6º B.

Carla nos ensina o uso da pandeireta.

Fai uns días o alumnado de 3ºA tivo a sorte de recibir unha clase maxistral sobre o uso e utilización da pandeireta en diferentes estilos musicais por parte de Carla Benítez, tamén alumna de 3ºA. O resultado moi moi positivo xa que os compañeir@s estiveron moi atentos e agardamos as novas leccións que nos poida ofrecer no futuro. Gracias Carla.

Comezamos co uso da pandeireta no pasodobre. Para isto dicimos:
 "pantalón pon pon, pantalón pon pon, Ana ponte o pantalón".


Continuamos co uso da pandeireta na xota. Para isto dicimos:
"Ana come pan, come máis pan"


E finalizamos co uso da padeireta na muiñeira. Para isto dicimos:
"Cáscara, cáscara, chocolate cáscara"

A canción da maionesa

Dado que este segundo e terceiro trimestre estivemos a traballar a alimentación saudable, optamos dende a aula de música por traballar diferentes cancións relacionadas cos alimentos e a canción da maionesa de Luis Pescetti foi unha das que tivo un maior éxito. Comezamos co alumando de 5 anos.


O alumando de 1º B


O alumando de 3º A

Os alumnos e alumnas de 4º B

 

Que ben bailan!

Algunhas das alumnas de 5ºA nos ofreceron a posibilidade de velas bailar diferentes cancións actuais de artistas como Lady Gaga e a verdade é que o fixeron no seu tempo libre cun resultado moi bo. Dado que o facedes moi ben, non perdades as gañas de seguir bailando e compartindo con todos nós as vosas coreografías. Gracias Antía. Gracias Lucía.


E aquí podemos ver unha pequena competición entre o baile rock e o baile pop. Quen gañará?

Cantamos os reis e aguinaldos.

Tendo en conta que os cantos de reis e aguinaldos tiveron moita importancia e repercusión en tempos anteriores, e están tan presentes como agochados no noso entorno, dende o CEIP de Outeiro das Penas de Cesantes quixemos que o alumnado compartira estes cantos polas diferentes clases. Aquí mostramos un pequeno resumo destes cantos. Para ver todos os videos, fai clic aquí.

Os alumnos de E.I. de 5 anos cantando "alerta pastores" aos nenos de 1º A e 1º B.


Os alumnos de 2ºA cantan a canción de "alerta pastores" aos alumnos de 5ºB.

Os alumnos de 3ºA e 3ºB cantan a canción "día de reis" aos alumnos de 6ºA.

Os alumnos de 6ºA  cantan a canción "muxicas no ceo..." aos alumnos de 3ºA.

Homenaxe a Patsy

Dado que o noso centro é plurilingüe, ao longo de case todo o primeiro trimestre tivemos a sorte de contar coa presencia dunha mestra de Denver (Colorado - EEUU) chamada Patsy coa que aprendimos moitas cousas. Tal foi o sentimento de gratitude que o alumnado de 5º e 6º preparou unha actuación de despedida, na cal o alumnado de 5º cantaba unhas frases en inglés mentres que o alumnado de 6º realizaba unha instrumentación tomando como base a peza "Oh when the saints go marching in" de Louis Amstrong. Moitas gracias Patsy.

Este foi o ensaio:


E ésta foi a actuación en directo na súa presencia.

Traballamos a cordinación corporal.

O alumnado de 2ºB estivo a traballar a cordinación corporal mediante unha canción moi coñecida pola maioría a través dos seus propios corpos, e este foi o resultado.