viernes, 23 de junio de 2017

CONCERTOS NA ESCOLA: UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

O pasado mércores tivemos a sorte de ter na nosa escola o grupo galego "Uxía lambona e a banda molona" que nos fixo vibrar coa súa música. Este é un resumo do que foi este concerto. Clica na imaxe para ver o vídeo resumo e para ver todas as fotos fai clic AQUÍ.

https://www.youtube.com/watch?v=uKX06cFGu7I

TALLER DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS

A semana pasada tivemos a sorte de recivir a visita de Sito, artesán musical da zona e pai de Xenxo. Así, o alumnado de infantil tivo a sorte de ver como é o proceso de construción de diferentes instrumentos como a pandeireta ou coma a gaita e as súas partes. Moitas grazas a Sito pola seu tempo e dedicación e tamén a Vanesa, a nai de Xenxo que nos acompañou no taller e tocou a pandeireta.

https://www.youtube.com/watch?v=4N4t0kOI1cA

https://www.youtube.com/watch?v=31dAQDGlB1U&feature=youtu.be



lunes, 12 de junio de 2017

TOCAMOS ÓPERA

O alumnado de 5º traballou días atrás un fragmento da ópera "Carmen" de Bizet, primeiro con percusión corporal e logo con instrumentos de pequena percusión.

https://www.youtube.com/watch?v=m3ndXkQB0wg&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=SToMkGG9pkM&feature=youtu.be


sábado, 10 de junio de 2017

O TESOURO DA ILLA DE SAN SIMÓN

O tesouro da illa de San Simón é unha canción que foi creada para traballar diferentes partes da illa de San Simón. O alumnado de 1º e 2º amósanos o traballo que fixeron con esta canción.

https://www.youtube.com/watch?v=uJnkXQs4wok&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=zzm9JJx9VGg&feature=youtu.be


viernes, 9 de junio de 2017

O GOLFIÑO GASPAR

O alumnado de 1º traballou días atrás a canción "O golfiño gaspar" que enlaza coa temática do centro deste ano, o mar, e este foi o resultado.

https://www.youtube.com/watch?v=GplsCuXKe0U&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=GDmoC6QOACE&feature=youtu.be


martes, 6 de junio de 2017

TRABALLO DE PERCUSIÓN CORPORAL

O alumnado de 6º nos amosa un pequeno traballo de música onde tiñan que mesturar un fragmento dunha música elexida por eles con partes de percusión corporal creada por eles expresamente para esa canción, e este foi o resultado. Moi ben rapaces, bo esforzo.

https://www.youtube.com/watch?v=QPLFzM7JegI&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=kiOGtHIwCi8&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=M6LMGZL40Qw&feature=youtu.be



BAILANDO CON J. LO

Vari@s alumn@s de 6º nos ofreceron hoxe un baile feito totalmente por el@s utilizando a canción "Ain´t your mama" de Jennifer López e quixeron compartilo cos seus compañeir@s de 5º e 6º. Este foi o resultado. Moi ben rapaces, moi bo traballo, seguide así.

https://youtu.be/-DRZ8nIsRoI

TOCANDO A RITMO DE BRINCADEIRA

O alumnado de 4º nos amosa este animado musicograma de Maria Jesús Camino chamado "A ritmo de brincadeira". Fai clic na imaxe para ver o vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=NGdX1mBIDJM&feature=youtu.be

2º TOCA CON BRAHMS

O alumnado de 2º interpreta a "Danza húngara nº5" de Brahms con instrumentos. Para ver o video fai clic na imaxe.

https://www.youtube.com/watch?v=MIu9TQsmVN0&feature=youtu.be

TRABALLAMOS RITMO CON INSTRUMENTOS

O alumnado de 1º está traballando o ritmo con diferentes instrumentos a través de musicogramas. Nesta ocasión nos interpretan "un cuadrado lleno de puntitos", musicograma elaborado por Pedro Morales. Fai clic na imaxe para ver o video.

https://www.youtube.com/watch?v=tn-9C30PS6Y&feature=youtu.be