Aquí vos deixo unha serie de xogos cos que estan a traballar os rapaces de 5º e 6º para repasar os aspectos básicos da linguaxe musical. Un bo traballo de María Jesús Camino. Aos rapaces de 6º gustáronlle moito. A xogar!!!
Para traballar a linguaxe musical a modo de repaso.
O alumnado de 2º está a traballar na aula de informática o ambiente sonoro a través de xogos como este de Mercedes González Leal para practicar os instrumentos, os sons do entorno, a orquestra, a linguaxe musical... A xogar!!!
O alumnado de 2º estivo a traballar a peza "o reloxo sincopado" de Leroy Anderson utilizando o paracaíadas mediante unha pequena coreografía. Agardo que vos guste.
O alumnado de 2ºB nos amosan unha actividade de expresión corporal onde tiveron que convertirse por uns minutos nunha flor que esperta coa luz da mañá para quedar o resto do día tomando o sol.
Vos deixo a continuación unha das actividades coas que estamos a traballar na aula a linguaxe musical, un traballo de Paola Oliva co que podedes xogar e aprender facendo clic na seguinte imaxe.
E chegou o entroido. Este ano, xa que estamos a traballar a arte, as diferentes clases disfrazáronse dalgunhas das diferentes artes que hai e así, por exemplo, os nenos de infantil basáronse nos persoaxes do mundo de Oz, 1º e 2º de notas musicais, 3º e 4º dos beatles e 5º e 6º de grafiteiros. Para amosar parte da súa arte, cada clase realizou un baile que podedes ver a continuación. Agardamos que vos guste.
A finalidade deste blogue é totalmente educativa e non ten ningún ánimo de lucro, asi que si se utiliza algunha imaxe, música, fotografía... que non sexa de uso público, por favor facéo saber e a retiraremos o antes posible.