lunes, 31 de diciembre de 2012

Xa chegaron os videos dos cantos de reis.

A continuación mostramos o que deron de si as actuacións de cada clase o último día. A gardamos que vos gusten. Fai cli na imaxe para ver todas as actuacións dese día. Especial agradecemento ao profe Emilio e á profe Elena que contribuíron cos seus instrumentos a que todo fora moito mellor.


miércoles, 26 de diciembre de 2012

Os renos tamén fan música.

Bonito xogo musical para que grandes e pequenos pasen un bo rato nestas vacacións. Seguide as instrucións e ... a tocar!!! Agardo que vos guste.

martes, 18 de diciembre de 2012

Os aguinaldos xa están aquí.

Esta semana comezamos a ruta do caramelo cantando polas clases e os resultados podedes velos facendo clic na seguinte imaxe. Pensade que os videos irán aparecendo a medida que se sucedan as actuacións.



lunes, 17 de diciembre de 2012

Cantamos o aguinaldo

A continuación mostramos un resumo das canción que cantaremos esta semana polas clases. Non vos esquezades de ensaiar!!!

"

viernes, 7 de diciembre de 2012

Tocando a frauta con Beethoven

O alumnado de 6º anda a traballar coa frauta estes días co fragmento final da 9ª sinfonía de Beethoven, tamén coñecida como o "Himno da alegría". Aquí vos deixo os primeiros pasos desta peza así como outras cousiñas de interese desta peza.

10.000 Nipóns cantando ao mesmo tempo a 9ª sinfonía de Beethoven.


Partituras para frauta doce.

Alumnado de 6ºA interpretando coa frauta doce o himno da alegría a dúas voces. 



Traballamos a figura do apalpador

Estes días os alumnos do 1º ciclo estiveron a traballar a figura do apalpador a través do conto "Antón e o apalpador" onde interpretaron de forma xestual cada unha das partes do conto. Para ver a letra da canción do conto fai clic aquí. Se queredes saber máis sobre a figura do apalpador visitade a sección lateral deste persoaxe no blogue da nosa biblioteca ou facendo clic aquí. 
 Rapaces de 2ºA e 2ºB
                                                              









Rapaces de 1ºB e 3ºA

jueves, 6 de diciembre de 2012

Bailando con Violetta

As rapazas de 3ºA Aya, María , Paula e Sabela nos mostran un baile elaborado por elas sobre a canción "Violeta te creo" da serie de Disney Violetta. Moi ben rapazas!!! hai que seguir incrementando a familia de bailarins.

lunes, 3 de diciembre de 2012

Traballamos con Beethoven

O alumando de 5º e 6º estivo estes día a traballar a figura de Beethoven e na aula de música a través de diferentes actividades como o musicograma da "marcha Turca" das ruinas de Atenas,   gracias ao traballo de Octavi Soler e Batia Strauss.




Musicograma interpretado por instrumentos de pequena percusión.

Tocamos a frauta

O alumnado de 6º  interpreta dúas canción infantís moi coñecidas coa frauta doce.




Bailando con gangnam style

O alumnado de 3º interpretou a súa propia versión deste baile tan mundialmente famoso neste momento "gangnam style". Para comezar realizaron os pasos do baile e a continuación trasladaron estes a un baile de marionetas cun resultado moi curioso.


 Agora o mesmo baile coas marionetas.



Animais intelixentes

Mostramos a continuación a coñecida canción de campamentos e scouts chamada "unha sardiña" que interpretan os rapaces de 2º a modo de xogo.



Os instrumentos da pulguinha

Os rapaces de 3ºA e 3ºB nos mostran o arranxo instrumental co que interpretaron a canción de "a pulguinha na cueca do vovó" utilizando os boomwhackers ou tubos sonoros. Os alumnso de 1ºB interpretan a canción da pulguinha.






A canción da formiguinha que non paraba de subir

Aquí vos deixamos a canción brasileira de "fun ao mercado" que estamos a traballar estes días cos máis peques para traballar diferentes partes do corpo dunha forma divertida. Tamén vos deixo a versión incluída no libro recentemente publicado de "María Fumasa".













Alumnos de 5 anos B                                                             Alumnos de 1ºA

sábado, 24 de noviembre de 2012

Percusión con vasos

O alumnado de 4º estivo esta semana a traballar aspectos musicais como o ritmo, a percusión e a coordinación de movementos a través dun xogo de vasos.



 

Traballamos a mañá de E. Grieg

O alumnado de 6º está a traballara a peze de E. Grieg titulada "a mañá" coa frauta, así que aquí vos deixo a partitura e un video coa canción.



Seguimos a traballar coa frauta

Os alumnos de 5º andas as voltas coa partitura de cumpleanos feliz en galego, así que aquí vos deixo a partitura e un tutorial de como tocar a canción para que vaiades practicando.


viernes, 23 de noviembre de 2012

Traballamos coa ópera Carmen de Bizet

O alumando de 5º iniciou a súa andaina pola música clásica a través da famosa ópera Carmen de G. Bizet. A continuación vos deixo un estupendo wix elaborado por Mª Jesús Camino coa a actividade e o musicograma elaborado por Paola Oliva que fixeron os rapaces de 5º.
           



jueves, 22 de noviembre de 2012

Chocolate

Mostramos a continuación a canción "chocolate" que traballou o alumnado de 1º utilizando diferentes partes do seu corpo.

Letra: Choco choco la la, choco choco te te, choco la , choco te ,choco la te.






Alumnos de 1ºB interpretando a canción cun xogo de mans.








Alumnos de 1ºA interpretando a canción cun xogo de pes.







Alumnos de 1ºB interpretando a canción cun xogo de pes.

Seguimos coa castaña

Esta vez, o alumnado de 2º e 3º estivo a traballar outra canción que trata de diferentes froitos, entre eles a castaña como non xunto cunha secuencia rítmico xestual que vai aumentando de velocidade. Facede clic en cada imaxe para ver os videos e para ver un exemplo do xogo fai clic aquí.

LETRA: Palmas y más palmas, - higos y castañas, almendras y turrón - para los niños son.