PÁXINA PRINCIPAL

miércoles, 22 de junio de 2016

TALLER DE CREACIÓN MUSICAL CON IPADS

Rematamos este curso cun taller de creación e improvisación musical utilizando as tablets na aula. Tivemos a sorte de contar con 8 tablets ipad cedidas para este proxecto polo CFR de Vigo aos cales damos as gracias. Non puidemos facer o taller con todo o alumnado por horarios pero si con 2ºB, 4ºB, 5º e 6º e este foi o resultado.


6º: Traballou coa aplicación garage band para unha actividade de composición instrumental.

https://www.youtube.com/watch?v=dqMLrvQgOIo

5º: Traballou coa aplicación garage band para unha actividade de composición instrumental.

https://www.youtube.com/watch?v=79owJejS_qc

 
4º: Traballou coa aplicación vidrhythm para a creación dun mosaico musical con diferentes efectos sonoros.

https://www.youtube.com/watch?v=XdAkkPOS9yk

2º: Traballou coa aplicación vidrhythm para a creación dun mosaico musical con diferentes efectos sonoros.

https://www.youtube.com/watch?v=FL5WtYJ6fPo


 

ARTE LIXO MUSICAL

Arte musical en forma de lixo. Gran traballo do alumnado de primaria que elaborou un instrumento musical partindo dalgún material de refugallo. Parabéns. fai clic na foto para ver un resumo.

https://www.youtube.com/watch?v=QnohLb0ffr4

miércoles, 15 de junio de 2016

Festival das letras galegas 2016

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2016

http://musicascativas.wix.com/letrasgalegas2016

viernes, 27 de mayo de 2016

CURTA DE ANIMACIÓN "ÁRBORES NO CAMIÑO".

Por fin podemos publicar "Árbores no camiño", a curta de animación que fixemos co alumnado de Infantil dentro da convocatoria "Nós tamén creamos".
Durante un mes tivemos que crear as personaxes, os escenarios, gravar as voces e montar unha curta que dera vida ao libro. Podedes ver todo o proceso de elaboración no making-off.


E este é o resultado.


Recuncho TIC English Wall Blog de Educación Musical Blog da biblioteca

miércoles, 18 de mayo de 2016

ARTE NO OUTEIRO

ARTE NO OUTEIRO - curta de animación "Árbores no camiño"

Falta pouco para a estrea da curta que fixo o equipo de Infantil co seu alumnado, que terá a súa estrea o vindeiro venres 20 ás 9.30 da mañá. Papás, mamás e demáis familia estades convidad@s a ver este traballo cos máis pequenos.

miércoles, 4 de mayo de 2016

CANTAMOS OS MAIOS

Velaquí o traballo que fixemos para celebrar os maios. Por un lado cada clase de primaria elaborou uhas coplas para cantar o venres pasado e que podedes ver facendo clic na seguinte imaxe.

http://musicascativas.wix.com/cantandoosmaios2016

E tamén todo o traballo previo que fixemos para elaborar o noso maio. Moi ben rapaces.

https://www.youtube.com/watch?v=Cn6aMoRQOr0

miércoles, 27 de abril de 2016

SAÍDA MUSICAL: INFANTIL VAI DE CONCERTO.

O alumnado de Ed. Infantil asistiu a un concerto en Pontevedra do grupo musical Mamacabra chamado "15 primaveiras" en honor á súa longa traxectoria. Foi un concerto moi divertido. Aquí vos deixo un pequeno resumo.

https://youtu.be/ZXyBj-yagU0

Tocando rock and roll en 5º

O alumnado de 5º está a traballar os instrumentos musicais a través de musicogramas como este que se chama "Rock around the clock". Agardo que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=Nrr2YqfMpx4&feature=youtu.be

Tocando el Danubio azul en 2ºB

O alumnado de 2º está a traballar os instrumentos musicais a través de actividades como este musicograma chamado "o danubio azul" de J. Strauss. agardo que vos guste.

https://youtu.be/jhpO-7RVYbk

Tocando "moita festa" e "star wars" en 3º

O alumnado de 3º, xa que está a traballar os instrumentos musicais, nos amosa a instrumentación que fixeron eles dun musicograma da peza "Moita festa" de Carlos núñez. Agardo que vos guste.

https://youtu.be/wvRzoJLfaUg


https://youtu.be/7-e5GKg7ZHQ

jueves, 21 de abril de 2016

Traballando cos instrumentos

Xa que estamos a traballar os instrumentos e as diferentes agrupacións instrumentais, aquí deixo unhas actividades para repasar para os rapaces de 5º e 6º.

http://www.quizrevolution.com/act108872/mini/go/agrupaciones_instrumentales


http://www.slideshare.net/anamiestrella/clasificacin-de-las-agrupaciones-instrumentales?ref=http://musicameruelo.wordpress.com/2012/05/28/mapa-interactivo-de-las-agrupaciones-instrumentales/

domingo, 17 de abril de 2016

MUSICARTE

Velaquí tedes un bo exemplo de arte, tecnoloxía e música. Agardo que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=PERqH22etLs&index=13&list=RDjkjhF0TRxE4

lunes, 11 de abril de 2016

SAIDA MUSICAL: 5º E 6º VAN DE CONCERTO

O alumnado de 5º e 6º asistiu a un concerto celebrado en Pontevedra do músico "Xoán Curiel" e a súa banda, os cales nos presentaron o seu traballo chamado "estamos no verán" que ten un formato de libro disco. Este é un pequeno resumo deste espectáculo.

https://youtu.be/QU5ZVhzQjKk

martes, 29 de marzo de 2016

SAÍDA MUSICAL - CONTOS DO TRANVÍA

O alumnado de 1º e 2º realizaron unha saída a un concerto musical chamado "Contos do tranvía" da compañia Rodarirrodari e aquí vos deixo un pequeno resumo. 

https://www.youtube.com/watch?v=FZW0Grquv7I&feature=youtu.be

miércoles, 16 de marzo de 2016

FACEMOS UN GLOBOLATA

Os rapaces de Educación infantil nos amosan o proceso de construcción dun globolata. Xa que estamos a traballar a arte no centro, fixeron unha mestura entre unha lata e un globo como instrumento musical. A verdade é que son uns artistas. Agardo que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=Q392FPxf_tY

lunes, 29 de febrero de 2016

XOGAMOS COA LINGUAXE MUSICAL

Aquí vos deixo unha serie de xogos cos que estan a traballar os rapaces de 5º e 6º para repasar os aspectos básicos da linguaxe musical. Un bo traballo de María Jesús Camino. Aos rapaces de 6º gustáronlle moito. A xogar!!!

Para traballar a linguaxe musical a modo de repaso.


 Para traballar as notas, figuras e compases.


Para traballar o compás de 4/4.