martes, 31 de mayo de 2022

ECOPERCUSIÓN 2022

Ao longo desta semana, o CEIP Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela) realizou un obradoiro de “ecopercusión” para TODO o alumnado do centro (250 alumn@s), dende os 3 anos ata 6º de E.P. O obradoiro foi impartido por Didier, un mestre de percusión cubano e ten como base a re utilización dalgúns obxectos e materias como cubos de pintura, útiles de cociña, bidóns… dende un punto de vista musical mediante ritmos de batucada. Así, ao longo de varios días, cada unha das clases realizou o seu obradoiro tal e como se das pezas dun puzzle se tratara e unha vez rematado con todos os grupos realizouse unha exhibición de todo o alumnado do centro de forma conxunta e integrada.

Este obradoiro ten a particularidade de ser unha actividade enfocada ao gran formato, así que nesta ocasión quixemos facela extensible a toda a comunidade educativa e por este motivo invitamos a participar ao profesorado, a todas as mamás e papás que quixeron involucrarse.

Preme na imaxe para ver as fotos e os vídeos.



 

 

0 comentarios:

Publicar un comentario