lunes, 30 de mayo de 2011

Homenaxe a Patsy

Dado que o noso centro é plurilingüe, ao longo de case todo o primeiro trimestre tivemos a sorte de contar coa presencia dunha mestra de Denver (Colorado - EEUU) chamada Patsy coa que aprendimos moitas cousas. Tal foi o sentimento de gratitude que o alumnado de 5º e 6º preparou unha actuación de despedida, na cal o alumnado de 5º cantaba unhas frases en inglés mentres que o alumnado de 6º realizaba unha instrumentación tomando como base a peza "Oh when the saints go marching in" de Louis Amstrong. Moitas gracias Patsy.

Este foi o ensaio:


E ésta foi a actuación en directo na súa presencia.

0 comentarios:

Publicar un comentario