martes, 31 de mayo de 2022

ECOPERCUSIÓN 2022

Ao longo desta semana, o CEIP Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela) realizou un obradoiro de “ecopercusión” para TODO o alumnado do centro (250 alumn@s), dende os 3 anos ata 6º de E.P. O obradoiro foi impartido por Didier, un mestre de percusión cubano e ten como base a re utilización dalgúns obxectos e materias como cubos de pintura, útiles de cociña, bidóns… dende un punto de vista musical mediante ritmos de batucada. Así, ao longo de varios días, cada unha das clases realizou o seu obradoiro tal e como se das pezas dun puzzle se tratara e unha vez rematado con todos os grupos realizouse unha exhibición de todo o alumnado do centro de forma conxunta e integrada.

Este obradoiro ten a particularidade de ser unha actividade enfocada ao gran formato, así que nesta ocasión quixemos facela extensible a toda a comunidade educativa e por este motivo invitamos a participar ao profesorado, a todas as mamás e papás que quixeron involucrarse.

Preme na imaxe para ver as fotos e os vídeos.



 

 

lunes, 20 de diciembre de 2021

NADAL 2021

Hoxe celebramos o nadal cunhas actuacións musicais. Preme na seguinte imaxe para ver os vídeos.


 

jueves, 16 de diciembre de 2021

NADAL 2021: (STREAMING) HORARIIOS E PROGRAMACIÓN.

Queridas familias.

Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID-19, este nadal 2021 no noso centro ao igual que o curso pasado, realizaremos unha serie de actuacións musicais que estarán programadas ao longo da mañá do vindeiro luns día 20 en cada unha das aulas. A diferencia doutros anos, será a cámara a que se mova por todas e cada unha das clases. A idea é realizar unha emisión en directo (streaming) a través da canle youtube do centro (sempre que técnicamente sexa posible e non haxa problemas de conexión, problemas técnicos...) Así, cada aula representará unha actuación musical a unha hora en concreto da mañá. Paralelamente realizarase unha gravación de cada actuación por se hai problemas coa emisión. Esta gravación estará igualmente dispoñible na páxina do centro ao longo do día 21.

 

HORARIO DAS ACTUACIÓNS. (Hora de comezo da actuación)

  • 10.00h - 6º infantil.
  • 10.15h - 5ºA infantil.
  • 10.30h - 4º infantil.
  • 10.45h - 5ºB infantil.
  • 11.00h - 1º
  • 11.15h - 2ºA
  • 11.30h - 2ºB
  • 11.45h - 3º
  • 12.00h - 4ºA
  • 12.15h - 4ºB
  • 12.30h - 13.00h Recreo.
  • 13.00h - 5ºA
  • 13.15h - 5ºB
  • 13.30h - 6ºA
  • 13.45h - 6ºB

 

EMISIÓN EN DIRECTO (STREAMING)

Para acceder á emisión en directo, simplemente hai que premer na canle de youtube do noso centro (sección superior no lateral dereito desta páxina) ou tamén premendo na seguinte imaxe. Unha vez dentro da canle de youtube do centro, premer por último no botón "en directo" para poder entrar en directo ás actuacións na hora marcada. Tratarase de ser o máis puntual posible.


ACTUACIÓNS FIN DE ANO 2021

Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID-19, este ano no centro novamente non se farán os cantos de reis e aguinaldos. No seu lugar, levamos as  cámaras a cada aula co fin de facer unha pequena celebración de nadal un tanto diferente arredor da música. Preme na seguinte imaxe para ver as actuacións.


 

viernes, 26 de noviembre de 2021

25N - "ni una más"

Este ano, dende a aula de música, traballamos a canción "ni una más" do grupo Alademoska para celebrar o día internacional da eliminación da violencia de xénero e este foi o resultado.


 


viernes, 19 de noviembre de 2021

BANDAS SONORAS DO SAMAÍN

Este ano fixemos un concurso de curtas no noso centro e utilizamos unha destas curtas para ambiantala con músicas de medo utilizando o programa audacity. Moitas gracias a Eira, Daniel e respectivas familias por deixarnos utilizar a súa curta para ambientala con músicas de medo. preme na imaxe para ver o resultado.


 

martes, 22 de junio de 2021

TALLER DE IPADS

Rematamos este curso cun taller de creación e improvisación musical utilizando as tablets na aula.  Utilizamos diferentes aplicacións como toca dance, groovepad, launchpad, garageband entre outras. Non puidemos facer o taller con todo o alumnado por horarios, ausencias... pero si coa maior parte e este foi o resultado. Preme na imaxe para ver un resumo.



jueves, 17 de junio de 2021

CONCERTO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

Hoxe visitounos o grupo "Uxía lambona e a banda molona " para facer un concerto. A continuación, podedes ver un resumo do que foi este concerto. Preme na imaxe para ver as fotos e os vídeos.


 

jueves, 20 de mayo de 2021

TALLER DE PERCUSIÓN

O alumnado de 6º tivo hoxe a oportunidade de gozar dun taller de percusión dirixido por Didier, un mestre cubano de percusión que nos ofreceu unha masterclass sobre ecopercusión co fin de montar unha pequena batucada. A continuación tedes un resumo do que foi o taller e un vídeo co resultado final a modo de exhibición diante de todo o cole. 



jueves, 6 de mayo de 2021

INSTRUMENTOS DE REFUGALLO

Arte musical en forma de lixo. Gran traballo do alumnado de primaria (1º-4º) que elaborou un instrumento musical partindo dalgún material de refugallo. Parabéns. fai clic na foto para ver un resumo.


 

jueves, 11 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

 Bailes de entroido. Preme na seguinte imaxe para ver os bailes de entroido de cada clase.


 

domingo, 31 de enero de 2021

DÍA DA PAZ 2021 - ESO QUE TÚ ME DAS

Para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, todo oa alumnado participou nunha gravación utilizando a canción "eso que tú me das" do grupo Jarabe de palo coa cal traballamos algúns dos valores propios da paz. Agardamos que vos guste. Preme na imaxe para ver o vídeo.


 

miércoles, 23 de diciembre de 2020

Actuacións fin de ano 2020

Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID-19, este ano no centro non se farán os cantos de reis e aguinaldos. No seu lugar, levamos as  cámaras a cada aula co fin de facer unha pequena celebración de nadal un tanto diferente arredor da música. Preme na seguinte imaxe para ver as actuacións.

lunes, 30 de noviembre de 2020

25N - La puerta violeta.

A semana pasada traballamos no centro a canción "la puerta violeta" de Rozalén para conmemorar o 25N (día internacional contra a violencia de xénero). Preme na imaxe para ver o vídeo.

viernes, 20 de noviembre de 2020

25N - LA PUERTA VIOLETA

A vindeira semana, o 25 de Novembro celébrase o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres e na aula de música traballaremos a canción "la puerta violeta" de Rozalén. Para ver e escoitar o vídeo, preme na imaxe.

 
Para ver a versión karaoke con letra, preme na seguinte imaxe.



miércoles, 18 de noviembre de 2020

Canción do magosto

 O alumando de 2º rapea esta canción do disco "Brinca vai" de Paco Nogueiras.



jueves, 12 de noviembre de 2020

Magosto. Recopilación musical

Tedes a continuación un pequeno resumo de actividades musicais e cancións relacionadas co magosto e o outono.

Magosto. A canción da castaña.

A continuación, déixovos un pequeno resumo da canción da castaña que estivemos a traballar estes días.

jueves, 1 de octubre de 2020

PERCUSIÓN CON BALÓNS - A CINTURA

O alumnado de 6º interpreta "la cintura" de Álvaro Soler nunha actividade de percusión con balóns de baloncesto para traballar a estructura dunha peza musical.



COMEZAMOS O CURSO 2020-21

 Comezamos o curso cun pequeno resumo das normas a seguir estes días seguindo o protocolo COVID-19.