lunes, 14 de diciembre de 2015

Xa chegaron os cantos de reis

Ao longo desta semana, todos os alumnos do cole celebrarán por sexto ano consecutivo a chamada "ruta do caramelo", unha interesante forma de intercambiar polas clases cancións de reis e aguinaldos por chuches e caramelos. Xa podedes ver os videos facendo clic na imaxe.

http://musicascativas.wix.com/cantandoosreis2015

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Traballamos o apalpador

Ao longo desta semana dende a biblioteca estase dando a coñecer a figura do apalpador e apoiando esta idea os alumnos de 2º e 3º nos presentan unha actividade musical relacionada co libro "antón e o apalpador" a través dunha canción dramatizada. Fai clic na imaxe para ver o resultado.

https://www.youtube.com/watch?v=CW2LsitC5_w

https://www.youtube.com/watch?v=4ZdN75oxG7o


https://www.youtube.com/watch?v=062DeHSJTRM

https://www.youtube.com/watch?v=ETo2p7GkIRI

Xa chegou o nadal

Xa se acerca o nadal para todos, asi que os alumnos de 3º realizaron un baile chamado "Jingle bells dance" en grupo e este foi o resultado.



https://www.youtube.com/watch?v=ETo2p7GkIRI

lunes, 30 de noviembre de 2015

Rapeando corre corre cabaciña

Os alumnos de 5º estiveron a traballar este divertido conto "Corre corre cabaciña" a través dun rap. Así, cada un deles tiña que rapear unha pequena estrofa do conto e este foi o resultado.

https://youtu.be/XICrf0eOzaY

E esta foi a gravación orixinal.

https://www.youtube.com/watch?v=WgMOQFRBbQ8


jueves, 26 de noviembre de 2015

Traballando o oído

O alumnado de 3º estivo a traballar esta semana na aula de informática, concretamente a través dun xogo musical chamado "a carabela musical". Aquí vos deixo o enlace por se queredes practicar na casa.

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Boecillo/musica/carabela2/menu.htm

A pequena eiruga larpeira

Os rapaces de 3º estiveron a traballar o xa coñecido por moitos "La pequeña oruga gloona" pero nesta ocasión utilizaron o conto para traballar o matiz de intensidade dunha forma moi divertida. Agardo que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=yCH1bcQo4y0

https://www.youtube.com/watch?v=prUGOQ8e3i8

viernes, 13 de noviembre de 2015

Rapeando no magosto

Os alumnos de 2º a canción "rap do magosto" do libro "Brinca vai" de Paco Nogueiras cun toque persoal e este foi o resultado. Fai clic na imaxe para ver a estes artistas.

https://www.youtube.com/watch?v=OnoOpc9_EOY

jueves, 12 de noviembre de 2015

A canción da castaña

Tal e como se ven facendo dende hai varios anos, o alumnado do centro ten costume de traballar a canción da castaña dende diferentes perspectivas musicais segundo o seu nivel. Aquí vos deixo un pequeno resumo do seu traballo.

Alumnos de 2ºB bailando e cantando a canción da castaña.
 
https://www.youtube.com/watch?v=vTL1ULIssJQ

 
Alumnos de 3ºB facendo a coreografía da castaña. 

https://www.youtube.com/watch?v=gVMxyec-54Q

Alumnos de 4ºA facendo a coreografía da castaña. 

https://www.youtube.com/watch?v=l-cIGqzH-8A

Alumnos de 4ºB facendo a coreografía da castaña. 

https://www.youtube.com/watch?v=gol6DZ4th3U


jueves, 5 de noviembre de 2015

O funeral da marioneta

Seguindo coa temática do samaín, o alumnado de 4º traballou unha peza chamada "marcha funeral para unha marioneta" de C. Gounod, primeiramente con percusión corporal e logo con instrumentos. Fai clic AQUÍ para ver o musicograma.

https://www.youtube.com/watch?v=Mc41meeWgqE

https://www.youtube.com/watch?v=3kp9cqnkpZ4

E agora con instrumentos de pequena percusión.

https://www.youtube.com/watch?v=dkcgsOkY-GU

Bailando unha de cazapantasmas

O alumnado de 5º nos amosa unha coreografía da BSO da película cazapantasmas.

https://www.youtube.com/watch?v=-h_k-kz7wvk

Bailando truco ou trato

Xa que estamos no tempo do samaín, o alumnado de 3º nos amosa un baile chamado "trick or treat" e este foi o resultado.

https://www.youtube.com/watch?v=4BY44SpGWuI

https://www.youtube.com/watch?v=myAxmlMdyyY

jueves, 29 de octubre de 2015

BANDAS SONORAS DO SAMAÍN

Por fin chegaron as bandas sonoras do samaín, un traballo feito polos alumnos de 6º onde tiveron que traballar cun programa de edición de audio (Audacity) e diferentes sons e melodías propias do samaín para obter unha banda sonora moi tenebrosa. Fai clic na foto para escoitar os traballos.

http://musicascativas.wix.com/bsosamain2015

miércoles, 28 de octubre de 2015

RECURSOS MUSICAIS PARA O SAMAÍN

E chegou a semana do samaín e por este motivo vos deixo unha serie de recursos musicais relacionados co samaín, algúns dos cales traballamos na aula. Agardo que vos guste.

http://www.symbaloo.com/home/mix/samainmusical

lunes, 26 de octubre de 2015

Bailando truco ou trato.

Os alumnos de 3ºA estréanse no samaín cun baile chamado truco ou trato. Agardo que vos guste.


https://www.youtube.com/watch?v=myAxmlMdyyY

domingo, 25 de octubre de 2015

FRAUTA: OS ESQUELETES

Os alumnos de 4ºB nos amosan a canción dos esqueletes para frauta. Moi ben rapaces.

https://www.youtube.com/watch?v=KAoHulhDo2s

lunes, 19 de octubre de 2015

Traballando a expresión corporal

Os alumnos de 3º traballan a expresión corporal a través do crecemento dunha flor.

https://www.youtube.com/watch?v=ni24NX77rqA



jueves, 15 de octubre de 2015

Xogando co son

Os alumnos de 4º estiveron estes días a traballar o son, as súas características e os diagramas de son e este é un pequeno resumo.

https://www.youtube.com/watch?v=kEV1Pnlk7lw

https://www.youtube.com/watch?v=KEXD8mNjQGk

https://www.youtube.com/watch?v=o-BzVnkBQkc

https://www.youtube.com/watch?v=wECb6KEn2yE

https://www.youtube.com/watch?v=wECb6KEn2yE

lunes, 5 de octubre de 2015

Xogos auditivos con paxaros raros

Aquí vos deixo un xogo que están a utilizar os alumnos de 2º para traballar estructuras de son diferentes. Un traballo moi bo de Julio Paino do CEIP Gerardo Diego de Cantabria.

http://gerardodiegoaulademusica.blogspot.com.es/2010/03/pajarologia-aplicada.html#links

domingo, 4 de octubre de 2015

TRABALLANDO CO MEDO

O alumnado de 6º está a traballar o mundo sonoro no samaín e para iso terá que levar a cabo unha actividade sonora musical utilizando as tics. Para ver a actividade fai clic na seguinte foto.

http://musicascativas.wix.com/traballando-co-medo

domingo, 27 de septiembre de 2015

Bailando a lenga lenga

O alumando de 6º comeza este curso traballando cunha canción tradicional do Brasil chamada "Lenga lenga" que nós adaptamos a un baile con percusión de vaso e este foi o resultado final. Agardo que vos guste:

https://youtu.be/_VfeKgPOzv8


https://www.youtube.com/watch?v=9tpoyw4hJg4
https://www.youtube.com/watch?v=9tpoyw4hJg4

Bailes do mundo

Para comezar este curso, os alumnos de 4º estiveron aprendendo un baile chamado " a danza dos sete saltos" que ten a súa orixe en Alemania e este foi o resultado.


https://youtu.be/5j3kMw7SeVg

https://youtu.be/2Dl80PbZFps

PARTITURAS DE FRAUTA

Os alumnos de 3º comezan este ano a tocar a frauta, e para axudar un pouco velaí van a posición das notas nunha imaxe.

Por outro lado, os alumnos de 4º comezan este curso coa partitura dos esqueletes que podedes ver a continuación na partitura e nun video coas notas:





https://youtu.be/0I8tq0KN2pE



E para os rapaces de 5º e 6º comezamos coa partitura da castaña que que podedes ver a continuación na partitura e nun video coas notas:





https://youtu.be/LQMwGodflNo


O PODER DA MÚSICA

Benvid@s a este novo curso cheo de sorpresas. Para comezar dunha forma diferente... unha pequena cullerada da importancia e o poder da música nas persoas... e tamén nos cativos.

https://www.youtube.com/watch?v=oRm8RmNGFq4

https://www.youtube.com/watch?v=_Z_y3y5yqDQ

miércoles, 20 de mayo de 2015

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015

Un ano máis celebramos no centro o día das letras galegas cun festival no que participa todo o centro. Este foi o resultado. fai clic na imaxe para ver as actuacións.

http://musicascativas.wix.com/letrasgalegas2015

miércoles, 13 de mayo de 2015

Construindo instrumentos: tambor - soalla e clap clap.

O alumnado de 4 e 5 anos estivo a construir estes días atrás un novo instrumento: un tambor - soalla e este foi o resultado. 

https://www.youtube.com/watch?v=5I7b2jZ2jRw


E o alumnado de 3 anos fixo un clap clap. Agardo que vos guste.


https://www.youtube.com/watch?v=Y6-OYx_cng4