domingo, 26 de junio de 2011

A festa da Coca

Durante estes días 24, 25 e 26 de xuño, estase a celebrar en Redondela a Festa da Coca que é unha festa de Interese Turístico Galego desde o ano 2001. Cada ano, sácase á rúa a figura da Coca e ten lugar a Danza das Espadas e o Baile das Penlas para lembrar a lenda na que un dragón chegaba de cando en vez a Redondela para levar á súa cova a unha rapariga mentres os mozos da localidade facíanlle fronte.
Cando conseguiron cazalo e darlle morte, todos eles comezaron a bailar ao redor del. Esta representación chega desde a Idade Media na cal o dragón interprétase como un ser maligno, concretamente o demo.

viernes, 24 de junio de 2011

E chegou o festival

Xa temos preparados os videos do festival das Letras Galegas 2011. Esperemos que vos gusten.

A primeira actuación do festival correu a cargo dun conto musical chamado "As dez galiñas" que representou o alumnado de Ed. Infantil. Se queres descargar a letra do conto fai clic aquí e se queres descargar a canción fai clic aquí.



A segunda actuación foi un poema titulado "Amolado" que representou outro grupo de alumnos e alumnas de Ed. Infantil e que tamén podes descargar aquí.

A terceira actuación, tamén de Ed. Infantil, foi a dramatización da  canción da illa de San Simón. Se queres descargar a canción fai clic aquí.



A continuación o alumnado de 1ºA representou unha cantiga tradicional chamada "O xogo da carrasquiña". Se queres descargar a canción fai clic aquí.

      

Despois, o alumnado de 1ºB representou outra cantiga tradicional chamada "Don Melitón".


 O alumnado de 2º representou e dramatizou o conto e a canción "O pirata Metepata".


O teatro foi a actuación do alumnado de 3º que represenou a obra "Xoana sen medo".


Por outra banda, o alumnado de 4º representou unha peza do grupo galego Berrogüeto titulada "As covas do rei Cintolo" utilizando instrumentos feitos por eles con material de refugallo. Se queres, descarga o audio.
 

 A continuación, o alumnado de 6º realizou unha actuación vogal e instrumental basada nunha mestura de cancións do artista galego Andrés do Barro. Se queres podes descargar a letra e os musicogramas empregados.


E por último, a actuación de 5 que realizou unha mestura de diferentes sketchs con temática de luz negra, ainda que esta actuación non foi toalmente gravada.

martes, 21 de junio de 2011

Aviso para as familias.

Debido a problemas técnicos axenos a nosa vontade, a actuación de 4º, 5º e de 6º do festival levado a cabo no día de hoxe non puido ser gravada, asi que pregamos a calqueira persoa que realizou a gravación destas actuacións e poida emprestar estes videos, que se poña en contacto con Miguel o mestre de música ou con calquer outro mestre/a o antes posible. Tamén podedes contactar conmigo a través deste blogue poñendo un comentario.

Novamente, moitas gracias a tod@s pola vosa colaboración.

domingo, 19 de junio de 2011

Exposición de instrumentos

O alumnado de primaria estivo a traballar cos instrumentos con material de refugallo e este é o resultado do seu traballo, o cal está exposto no hall de entrada do centro.


martes, 7 de junio de 2011

Facemos instrumentos

Ao longo das últimas semanas estivemos a traballar nas aulas os instrumentos, as súas familias e tamén a construcción de instrumentos con material de refugallo, o que normalmente entendemos por basura. Así, logo dunha longa explicación fixemos no centro unha recollida de este tipo de instrumentos que xa podedes ollar na exposición que se atopa na entrada do alumnado, xunto as escaleiras. As fotos dos instrumentos estarán en breve, pero para ir abrindo boca, aquí vos deixo algunhas cousas que se poden facer con este tipo de instrumentos e un pouco de imaxinación.

Para mais información sobre o tema, fai clic aquí.




viernes, 3 de junio de 2011

O curioso caso do violinista no metro.


Pois ben, aquí vos deixo unha pequena reflexión sobre o relativo que resultan as veces as nosas percepcións. Para ver o que aconteceu pulsa aquí.