lunes, 20 de diciembre de 2021

NADAL 2021

Hoxe celebramos o nadal cunhas actuacións musicais. Preme na seguinte imaxe para ver os vídeos.


 

jueves, 16 de diciembre de 2021

NADAL 2021: (STREAMING) HORARIIOS E PROGRAMACIÓN.

Queridas familias.

Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID-19, este nadal 2021 no noso centro ao igual que o curso pasado, realizaremos unha serie de actuacións musicais que estarán programadas ao longo da mañá do vindeiro luns día 20 en cada unha das aulas. A diferencia doutros anos, será a cámara a que se mova por todas e cada unha das clases. A idea é realizar unha emisión en directo (streaming) a través da canle youtube do centro (sempre que técnicamente sexa posible e non haxa problemas de conexión, problemas técnicos...) Así, cada aula representará unha actuación musical a unha hora en concreto da mañá. Paralelamente realizarase unha gravación de cada actuación por se hai problemas coa emisión. Esta gravación estará igualmente dispoñible na páxina do centro ao longo do día 21.

 

HORARIO DAS ACTUACIÓNS. (Hora de comezo da actuación)

  • 10.00h - 6º infantil.
  • 10.15h - 5ºA infantil.
  • 10.30h - 4º infantil.
  • 10.45h - 5ºB infantil.
  • 11.00h - 1º
  • 11.15h - 2ºA
  • 11.30h - 2ºB
  • 11.45h - 3º
  • 12.00h - 4ºA
  • 12.15h - 4ºB
  • 12.30h - 13.00h Recreo.
  • 13.00h - 5ºA
  • 13.15h - 5ºB
  • 13.30h - 6ºA
  • 13.45h - 6ºB

 

EMISIÓN EN DIRECTO (STREAMING)

Para acceder á emisión en directo, simplemente hai que premer na canle de youtube do noso centro (sección superior no lateral dereito desta páxina) ou tamén premendo na seguinte imaxe. Unha vez dentro da canle de youtube do centro, premer por último no botón "en directo" para poder entrar en directo ás actuacións na hora marcada. Tratarase de ser o máis puntual posible.


ACTUACIÓNS FIN DE ANO 2021

Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID-19, este ano no centro novamente non se farán os cantos de reis e aguinaldos. No seu lugar, levamos as  cámaras a cada aula co fin de facer unha pequena celebración de nadal un tanto diferente arredor da música. Preme na seguinte imaxe para ver as actuacións.