lunes, 30 de enero de 2012

Celebramos a paz

No día de hoxe, todo o centro celebrou o día da paz onde se fixeron varias actividades para resaltar a importancia deste día. Entre estas actividades, aquí vos deixo o baile que prepararon todos os alumnos/as do cole coa canción "moving" de Macaco.

miércoles, 25 de enero de 2012

Traballamos con moito moving

Con motivo da próxima celebración da paz, o centro escolleu a canción de Macaco chamada "Moving" para traballar esta conmemoración. Así, o vindeiro luns día 30/01, entre outrras actividades da paz, todo o alumnado do centro bailará unha coreografía desta canción. Para ver a letra e a coreografía fai clic aquí , e para ver o video clica na imaxe.

lunes, 16 de enero de 2012

Traballamos a estructura con J. Strauss e Michel Teló

O alumnado de 6º utilizou a peza "trish trash polka" de J. Strauss a través dun xogo de estampas e a sobradamente coñecida "ai si eu ti pego" de Michel Teló a través dun baile para traballar na práctica a estructura dunha peza musical, e dicir, como se organizan cada unha das súas partes. A continuación o resultado final a modo de resumo. Para ver os videos completos fai clic en 6ºA ou 6ºB.

domingo, 15 de enero de 2012

Yo conozco un juego...

O alumando de 5º estivo a traballar cun xogo do arxentino Luis Pescetti titulado "Yo conozco un juego" para traballar a axilidade mental dende a música e este foi o resultado final.

 

sábado, 14 de enero de 2012

Comezamos o ano cun clásico.

O alumnado de 5º interpretou unha canción tradicional moi coñecida na zona para dar a benvida a este ano novo. A canción titúlase "compañeiro sei tocare" e este foi o resultado final.



domingo, 8 de enero de 2012

Cantamos os reis e aguinaldos.

Por segundo ano consecutivo, o alumnado do centro interpretou un canto de reis para celebrar a vella tradición dos aguinaldos. Así, todo o alumando do centro interpretou conxuntamente o derradeiro día de cole estes cantos aprendidos os días anteriores cando foron de clase en clase cantando e pedindo o aguinaldo. Este foi o resultado final. Se queredes ver o resto dos vídeos facede clic aquí.

O alumnado de Infantil interpreta "alerta pastores" do grupo galego Malvela.


O alumando de 1ºA e 1ºB interpreta o canto de reis "o kikirikí" do grupo galego Malvela.


O alumnado de 2ºA e 2ºB interpreta "as xaneiras" do grupo de Mos Malvela.


O alumando de 3ºA e 3ºB interpreta "Muxicas no ceo de Belén" do grupo galego Muxicas.


O alumando de 4º interpreta "o cometido" do grupo galego Chouteira.


O alumando de 5ºA e 5ºB interpreta "canto de reis de Neda" de tradición popular.


O alumando de 6ºA e 6ºB interpreta "día de reis" de tradición popular con adaptacións na letra.