martes, 20 de marzo de 2012

Feliz día do pai

Para todos aqueles pais, familiares, titores, coidadores... que día a día se esforzan polos seus meniños.

viernes, 2 de marzo de 2012

Bailamos coa danza kuduro

Tal e como se fixo o curso pasado cunha peza de Carlinhos Brown, todo o alumando do centro estivo a traballar co baile da danza Kuduro tan famosa dende o pasado verán. Así, a continuación e facendo clic en cada curso, podedes ver o video deste baile en cada clase. 1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºB, 3ºA, 3ºB, 4ºA, 4ºB, 5ºA, 5ºB, 6ºA e 6ºB. Moi pronto estarán o resto dos videos.

Celebramos o entroido.

E chegou o entroido!!! pois ben, os diferentes ciclos prepararon unha peza musical para o desfile: así,

O alumnado de 1º ciclo representou unha danza barroca titulada "Les Folies d´Espagne".


O 2º ciclo interpretou un baile de Piñón fijo titulado "Gira, gira sol".


Tanto educación infantil coma 3º ciclo non aparecen neste resumo por non ter os videos da súa actuación.

Palo, bonito, es

O alumnado de 4ºA e 4ºB interpreta a canción "Palo, palo, palo, palo bonito..." a través dun accelerando, para rematar moi rápido.



Este video de 4ºA tamén o podedes ver na barra lateral do blogue, no proxecto Kantaconmigo, un blogue onde algúns mestres de música de toda España poñemos en común as cancións que facemos nas nosas aulas.

jueves, 1 de marzo de 2012

Tocamos con Carlos Núñez

O alumnado de 2ºA e 2ºB interpretou cos instrumentos un musicograma dun tema de carlos Núñez chamado "villancico para la navidad de 1829" cun resultado moi positivo. Fai clic na imaxe para ver o video.



Mar e María bailando "Breakthrough".

As rapazas de 5ºA Mar e María nos obsequian cun baile de Lemonade Mouth titulado Breakthrough, e este foi o resultado final. Moi ben rapazas, seguide esforzándovos así con todo!!!