martes, 30 de septiembre de 2014

Eses páxaros tan raros...

Aquí vos deixo o xogo de audición co que estiveron a traballar os rapaces de 3º. E un recurso realizado por Julio Payno,  mestre de Música do CEIP Gerardo Diego de Los Corrales de Buelna. Prestade moita atención e a xogar!!!

http://gerardodiegoaulademusica.blogspot.com.es/2010/03/pajarologia-aplicada.html

MÚSICA E IMAXE.

Estes días, os rapaces de 6º andan a traballar a linguaxe audiovisual en relación ao tema anterior "música e publicidade". Aquí vos mostro o traballo que teñen pendente para que sirva de axuda. 


miércoles, 24 de septiembre de 2014

FACENDO TRASNADAS

O alumnado de 5º traballou estes días unha peza chamada "Son un trasno" do libro Tic tac de Pablo Díaz que podedes atopar na biblioteca do centro. Os propios alumnos foron os que elaboraron todos os movementos e as coreografías grupais.

http://youtu.be/cRibAjuk4lk


martes, 23 de septiembre de 2014

FRAUTA 6º: A SAIA DA CAROLINA

Aquí vos deixo a primeira partitura deste ano, todo un clásico da nosa música: a Carolina. Fai clic na imaxe para ver ou descargar a partitura e a letra da canción.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/24012073/a%20saia%20da%20Carolina.doc

Traballando cun pouco de pan e manteiga... e moito salero.

Aquí vos deixo un breve resumo da audición que están a traballar os rapaces de 4º. Agardo que vos guste.

A MÚSICA E A PUBLICIDADE

O alumnado de 6º está a traballar o tema da música dentro da publicidade a través dunha análise dun anuncio publicitario. Tendo en conta isto, velaí vai unha pequena axuda para esta interesante tarefa que teñen.





http://popplet.com/app/#/171136


jueves, 18 de septiembre de 2014

Bailando "a sirigoça"

O alumno de 1º nos amosa este interesante coreografía da canción "a sirigoça" presente no libro "na punta do pe" do grupo de baile galego Pesdelán e que podedes consultar na biblioteca do centro.

https://www.youtube.com/watch?v=onjVTnwh-YM&feature=youtu.be


https://www.youtube.com/watch?v=Oqwbu9wMoR0&feature=youtu.be

Bailando "camiño de Viseu"

O alumnado de 4º nos amosa este interesante baile chamado "camiño de Viseu" que se pode atopar no libro "na punta do pe" do grupo de baile galego Pesdelán e que podedes atopar na biblioteca do centro.

https://www.youtube.com/watch?v=cHBuV_cjN-g&feature=youtu.be 

https://www.youtube.com/watch?v=IqRilARFgmI&feature=youtu.be

Traballamos coa lenga-lenga do xanduca.

O alumnado de 6º estreouse este curso cunha peza do Brasil chamada Lenga lenga do xanduca que se atopa no libro de María Fumaça, a través dunha pequena coreografía con percusión de vasos. Agardo que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=o_F81SGiZ3k&feature=youtu.be

O poder das cartas e... dun pouco de imaxinación.

Podedes ver a continuación unha breve secuencia rítmica feita con cartas. 

https://www.youtube.com/watch?v=SH_yf1vrSSk#t=97

martes, 16 de septiembre de 2014

O que a música é capaz de facer

Divertido video para alegrar este comezo de curso.

https://www.youtube.com/watch?v=tTY3zLDR1VY


miércoles, 3 de septiembre de 2014

Para facer unha boa transición do verán

Para comezer con enerxía despois do verán, un vídeo moi refrescante.

https://www.youtube.com/watch?v=ThjY6GizZqc