miércoles, 28 de diciembre de 2011

Felices festas de Phineas & Ferb.

Phineas e Ferb tamén vos desexan á súa maneira unhas felices festas.


viernes, 9 de diciembre de 2011

Bailando "on the floor".

As rapazas de 6ºA Antía, María B., Lucía e Sheila e Andrea de 6ºB nos obsequian cun baile dunha canción de Jennifer López e Pitbull titulada "on the floor" que rememora a sobradamente coñecida "Lambada" de hai uns anos cun final sorpresa moi emotivo. Moitas gracias rapazas!!!

jueves, 8 de diciembre de 2011

Bailando con Stubby.

As rapazas de 5ºA María, Mar e Hadriana nos ofreceron unha actuación de baile de Stubby titulada "party up" que elas mesmas prepararon. Moi ben rapazas, seguide así!!!

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Bailando con Lady Gaga.

Os rapaces e rapazas de 5ºA estiveron a traballar cunha peza de Lady Gaga chamada "Poker face" cun resultado moi interesante. Gracias á profe Paula que fixo posible este resultado final.

martes, 6 de diciembre de 2011

Achegándonos ó nadal.

Pois o nadal se acerca e é tempo de retomar as panxoliñas, cantos de nadal e sobre todo os esquecidos cantos de reis. A continuación podedes ver unha pequena recopilación de diferentes cantos de reis cos cales estamos a traballar estes días.

viernes, 18 de noviembre de 2011

A curiosa historia dos dez patiños de goma.

Unha historia real basada nun naufraxio dun barco mercante, foi o tema utilizado por Eric Carle para facer este conto cun toque persoal. Así, o alumando de 4º estivo a traballar con este conto aportando tamén un toque persoal. Se queredes ver os videos completos, facede clic aquí. A continuación, un resumo:



Traballamos coa tuba de Daniel.

O alumnado de 4º estivo a traballar con un conto chamado "As clases de tuba" para abordar o estudio da propia tuba, os signos de repetición musicais, a melodía, a coreografía e unha instrumentación. Todo isto a través dunha peza folk de Serbia chamada Ruzmarin. Para ver os videos completos facede clic aquí.

Primeiramente o conto:

E a coreografía e a instrumentación que fixo o alumnado de 4º coa peza.

viernes, 11 de noviembre de 2011

Verdade verdadeira

No pasado congreso de Educared 2011 celebrado en Madrid fai uns días, cerca de mil persoas tiveron a ocasión  de disfrutar cun verdadeira declaración de principios sobre a educación na era das novas tecnoloxías. Un pouco longo pero paga a pena. Bravísimo!!!

martes, 8 de noviembre de 2011

Os mais peques do cole tamén van.

Os alumnos/as de 3 anos utilizan un conto chamado "Todo o mundo vai" pra amosarnos a todos nós "con un toque de humor" ese lugar tan íntimo e persoal. Aquí podedes ver aos mais peques coa canción e a continuación o conto que eles mesmos interpretan. Podedes descargar a música facendo clic aquí e a letra clicando aquí. Para ver os videos completos pulsa aquí.


viernes, 4 de noviembre de 2011

Xogando a un clásico infantil.

Hoxe fixemos un xogo de roda cos peques de 5 anos do cole e utilizamos unha canción popular "a la zapatilla por detrás" que nós adaptamos ao noso xeito. Este foi o resultado.

jueves, 3 de noviembre de 2011

Os instrumentos chegan o cole

Pois si, no día de hoxe un grupo de alumnos e mestres de música do conservatorio de Redondela fixéronnos unha visita para mostrarnos os seus instrumentos a través dunha bonita historia. Foi moi bonito ver a compañeiros/as tocando os seus intrumentos cos mais maiores. Moi ben rapaces e rapazas, seguide mellorando así. Por outro lado, lembrar que o vindeiro venres 21/10 os alumnos/as que queiran poderán visitar o conservatorio de Redondela e tocar libremente diferentes instrumentos para ver se entra o gusaniño... quen sabe!!! Moitas gracias a tod@s por contribuir a este espectáculo.

De festa en festa.

O alumnado de 3º interpreta a continuación cos instrumentos unha peza de Carlos Núñez chamada "moita festa" do seu disco "A irmandade das estrelas".



 

domingo, 23 de octubre de 2011

Ruido, son e silencio (2ª parte)

O alumnado de 4º estivo traballando días atrás coa relación ruido, son e silencio a través de diferentes actividades. Agora mostrámos a 2ª parte deste traballo.

A onde vai todo o mundo?

Pois seica os alumnos/as de 1º A e B utilizan un conto chamado "Todo o mundo vai" pra amosarnos a todos nós "con un toque de humor" ese lugar tan íntimo e persoal. Aquí podedes ver o conto coa canción e a continuación como eles mesmos interpretan e dramatizan o conto. Podedes descargar a música facendo clic aquí e a letra clicando aquí. Para ver os videos completos pulsa aquí.



miércoles, 19 de octubre de 2011

Tocando o piano.

A pasada semana, tres alumnos da clase de 5ºA Hadriana, Mar e Anxo nos obsequiaron cunhas pezas de piano con estilos diferentes antes do comezo da clase. Moi ben rapaces, seguide así.





Unha eiruga moi larpeira.

Eric Carle é un referente da literatura infantil a nivel mundial, e dado que é un bo exemplo de inventor xa que escribe e debuxa os seus propios libros, que mellor forma que homenaxealo que traballar coas súas historias. Así, o alumando de 2º traballou estes días cos matices de intensidade a través dun dos seus contos dunha forma moi divertida: unha eiruga moi larpeira.

sábado, 15 de octubre de 2011

Bailando de roda en roda.

Tendo en conta que a canción tradicional nace nun determinado momento e baixo unhas características moi específicas, é moi importante resaltar o papel de todas aquelas persoas inventoras de melodías e letras que fixeron posible que hoxe poidamos coñecelas. Así, o alumando de 2º A e B estivo a preparar un baile sobre unha peza tradicional galega do disco "Pelogato24" chamada media volta, e estes forron os resultados.


jueves, 6 de octubre de 2011

Bailando

As alumnas Antía e Lucía de 6ºA nos agasallaron no día de hoxe cun baile que prepararon elas mesmas sobre a peza de Lady Gaga "Judas" e este foi o resultado. Felicidades rapazas, da gusto vervos bailar e seguide con ese entusiasmo.

Unha bonita historia.

No día de hoxe descubrín este video e pareceume bonito e necesario compartir esta historia con todos vos. Unha verdadeira homenaxe ao señor John lennon e ao seu imagine. Verdadeiramente emocionante.

Facendo trasnadas

O alumnado do 3º ciclo estivo a traballar a coordinación de movementos tanto corporais como espaciais, a creación de coreografías grupais... todo isto sobre unha peza chamada "Son un trasno", unha peza que está no libro - CD "Tic tac" que podedes atopar na biblioteca do centro. Agradezo especialmente aos irmáns Martín e Carmen e a súa familia por darme a coñecer o libro e a oportunidade de traballar con este tipo de pezas.
Alumnado de 5ºB.


Nesta ocasión, o alumnado de 6ºA e 6ºB foi que de dar un pasiño máis de dificultade e adaptar os seus movementos a un rock and roll de Chuck Berry chamado "You never can tell" que popularizou unha famosa película do Sr Tarantino.


Alumnado de 6ºB.

jueves, 29 de septiembre de 2011

Ruido, son e silencio.

No día de hoxe, o alumnado de 4º comezou a traballar cos conceptos de ruido, son e silencio cun resultado moi satisfactorio, o cal podedes ollar no seguinte video.

Unha homenaxe para unha esponxa moi querida

Como non, faltaba unha pequena homenaxe a unha esponxa moi querida polos máis pequenos... e non tan pequenos: Bob Esponxa. Facede clic no nome para acceder aos xogos deste simpático persoaxe.


O alumnado de 2ºA cantando a canción.

Cancións populares

Seguindo coas cancións populares, o alumando de 2º representou unha serie de cancións moi coñecidas.

Pinocho fué a pescar. 2ºB


Pinocho fué a pescar. 2ºA


Había una vez un barquito chiquitito.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

A máquina de escribir

Tendo en conta que o proxecto deste ano xira arredor dos inventores e os descubrimentos, que mellor forma de homenaxear a todas aquelas persoas que aportaron o seu grao de area coas súas ideas para inventar a máquina de escribir. Gracias a el@s o alumnado de 2ºA fixo a súa propia versión do tema de Leroy Anderson que podedes ver a continuación.


Alumnado de 2ºA.

Cancións populares

Co motivo do comezo do curso e a modo de repaso do curso pasado, o alumnado de 5 anos B agasallounos cunha serie de cancións populares moi coñecidas. Facede clic no título se queredes ver outras versións das cancións.






lunes, 19 de septiembre de 2011

Comezamos un novo curso!!!

Pois sí, comezamos un novo curso cheo de sorpresas e novidades onde, como xas se fixo o curso pasado, realizaremos moitas e variadas actividades a cerca da temática que escolleu o centro para este curso: "inventores e descubrimentos". 

domingo, 26 de junio de 2011

A festa da Coca

Durante estes días 24, 25 e 26 de xuño, estase a celebrar en Redondela a Festa da Coca que é unha festa de Interese Turístico Galego desde o ano 2001. Cada ano, sácase á rúa a figura da Coca e ten lugar a Danza das Espadas e o Baile das Penlas para lembrar a lenda na que un dragón chegaba de cando en vez a Redondela para levar á súa cova a unha rapariga mentres os mozos da localidade facíanlle fronte.
Cando conseguiron cazalo e darlle morte, todos eles comezaron a bailar ao redor del. Esta representación chega desde a Idade Media na cal o dragón interprétase como un ser maligno, concretamente o demo.

viernes, 24 de junio de 2011

E chegou o festival

Xa temos preparados os videos do festival das Letras Galegas 2011. Esperemos que vos gusten.

A primeira actuación do festival correu a cargo dun conto musical chamado "As dez galiñas" que representou o alumnado de Ed. Infantil. Se queres descargar a letra do conto fai clic aquí e se queres descargar a canción fai clic aquí.



A segunda actuación foi un poema titulado "Amolado" que representou outro grupo de alumnos e alumnas de Ed. Infantil e que tamén podes descargar aquí.

A terceira actuación, tamén de Ed. Infantil, foi a dramatización da  canción da illa de San Simón. Se queres descargar a canción fai clic aquí.



A continuación o alumnado de 1ºA representou unha cantiga tradicional chamada "O xogo da carrasquiña". Se queres descargar a canción fai clic aquí.

      

Despois, o alumnado de 1ºB representou outra cantiga tradicional chamada "Don Melitón".


 O alumnado de 2º representou e dramatizou o conto e a canción "O pirata Metepata".


O teatro foi a actuación do alumnado de 3º que represenou a obra "Xoana sen medo".


Por outra banda, o alumnado de 4º representou unha peza do grupo galego Berrogüeto titulada "As covas do rei Cintolo" utilizando instrumentos feitos por eles con material de refugallo. Se queres, descarga o audio.
 

 A continuación, o alumnado de 6º realizou unha actuación vogal e instrumental basada nunha mestura de cancións do artista galego Andrés do Barro. Se queres podes descargar a letra e os musicogramas empregados.


E por último, a actuación de 5 que realizou unha mestura de diferentes sketchs con temática de luz negra, ainda que esta actuación non foi toalmente gravada.

martes, 21 de junio de 2011

Aviso para as familias.

Debido a problemas técnicos axenos a nosa vontade, a actuación de 4º, 5º e de 6º do festival levado a cabo no día de hoxe non puido ser gravada, asi que pregamos a calqueira persoa que realizou a gravación destas actuacións e poida emprestar estes videos, que se poña en contacto con Miguel o mestre de música ou con calquer outro mestre/a o antes posible. Tamén podedes contactar conmigo a través deste blogue poñendo un comentario.

Novamente, moitas gracias a tod@s pola vosa colaboración.

domingo, 19 de junio de 2011

Exposición de instrumentos

O alumnado de primaria estivo a traballar cos instrumentos con material de refugallo e este é o resultado do seu traballo, o cal está exposto no hall de entrada do centro.


martes, 7 de junio de 2011

Facemos instrumentos

Ao longo das últimas semanas estivemos a traballar nas aulas os instrumentos, as súas familias e tamén a construcción de instrumentos con material de refugallo, o que normalmente entendemos por basura. Así, logo dunha longa explicación fixemos no centro unha recollida de este tipo de instrumentos que xa podedes ollar na exposición que se atopa na entrada do alumnado, xunto as escaleiras. As fotos dos instrumentos estarán en breve, pero para ir abrindo boca, aquí vos deixo algunhas cousas que se poden facer con este tipo de instrumentos e un pouco de imaxinación.

Para mais información sobre o tema, fai clic aquí.




viernes, 3 de junio de 2011

O curioso caso do violinista no metro.


Pois ben, aquí vos deixo unha pequena reflexión sobre o relativo que resultan as veces as nosas percepcións. Para ver o que aconteceu pulsa aquí.

martes, 31 de mayo de 2011

Facemos un menú saudable

O alumando de 4º, 5º e 6º estivo a traballar sobre a alimentación saudable. Así, colleron o menú do centro do mes de marzo e fixeron unha serie de combinacións posibles onde tiñan que escoller un primeiro plato, un plato forte e un postre o mais saudable posible de todas as opcións viables dentro deste menú do comedor, e este foi o resultado. Para ver o resto dos videos fai clic aquí.



lunes, 30 de mayo de 2011

O corpiño

Xa que a temática de centro é a alimentación saudable, resultou necesario facer unha chamada de atención sobre os habitos de hixiene tan importantes como a propia comida saudable. Así, fíxose unha canción que falaba destes hábitos saudables e tamén da necesidade de levalos a cabo. Para descargar a letra pulsa aquí.

Os alumnos e alumnas de 3 anos B cantando e dramatizando a canción.


Os alumnos de 1ºA cantando e dramatizando a canción.


Os alumnos e alumnas de 4 anos B cantando e dramatizando a canción.


Os alumnos e alumnas de 1º B cantando e dramatizando a canción.


Os alumnos e alumnas de 2º B cantando e dramatizando a canción.


Os alumnos e alumnas de 3º A cantando e dramatizando a canción.


Os alumnos e alumnas de 3º A cantan a canción e realizan un xogo de percusión cordinada.

Os cantos de labor

Dado que é unha temática un tanto agochada, os cantos de labor ou tamén chamados de oficios foron un tipo de cantos que realizaban persoas de diferentes profesións con diferentes finalidades como é entreter durante o traballo, para acompasar os movementos de cada traballo ao son da música... Así, o alumnado foi que de representar algún destes cantos cos seus movementos. Aquí vos mostramos o traballo que se fixo no Outeiro das Penas arredor deste tema.

Alumnos de 1ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 3ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 3ºA representando un canto de labor arrieiro.


Alumnos de 2ºB representando un canto de labor.


Alumnos de 3ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 2ºB representando un canto de labor mariñeiro.


Alumnos de 2ºB representando un canto de labor.


Alumnos de 3ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 2ºB representando un canto de labor.


Alumnos de 1ºB representando un canto de labor.

Celebramos o maio.

Ao longo do pasado mes de abril, no CEIP Outeiro das Penas, o alumnado de 6º estivo preparando unha actuación sobre os maios que se celebrou no multiusos da xunqueira xunto coa participación doutros centros do concello de Redondela. O certo é que non o fixeron nada ben xa que houbo quen tomou a actuación a broma. A verdade é que non vos podo felicitar rapaces... máis ben todo o contrario. O sentimento de vergoña é bastante grande pero... así son os directos.



A parte disto, algunhas clases do 2º e 3º ciclo estiveron traballando as coplas de maios que nesta ocasión tiveron a súa temática centrada en diferentes aspectos referidoos ao centro. Podedes ver os videos de uns e outros a continuación.





Chegou o entroido.

Por fin chegou o entroido, momento de festa e moita troula. Así, dentro da aula de música estivemos a preparar unha coreografía coa samba de Carlinhos Brown titulada "samba da Bahía" e dado que foi unha actividade que se levou a cabo en todas as clases de primaria, decidimos facer un flasmob despois dos desfiles de entroido ou polo menos o intentamos. O resultado final tería que ser algo así, pero fixemos o que puidemos. Mostramos a continuación como resultaron os ensaios, xa que non hai video do directo o día do desfile.
O alumando de 6ºA


O alumnado de 5º B


O alumando de 5ºA

O alumnado de 2ºA

Pintando a música

Ao longo deste curso realizouse en infantil unha serie de sesións pouco comúns e moito máis tranquilas do que acostumamos no noso día a día para traballar outro tipo de aspectos como a relaxación, a autoconfianza, o coñecemento do noso corpo... Así, se vos mostra unha das actividades de relaxación que fixemos dentro da aula de música, neste caso co alumnado de 4 anos A onde se utilizan varias pezas africanas como Yamore de Salif Keitha. Inda que algúns fixeron trampas o resultado final foi moi satisfactorio e repetible.


Traballando a terra

Nesta actividade quixemos mostrar as diferentes accións que se realizan nos diferentes traballos relacionados coa terra, da cal obtemos aqueles alimentos frescos que teñen tanta importancia na nosa dieta saudable.

Comezamos polos recolectores de froitas de 4º B.


E continuamos por aqueles traballos relacionados coa terra e os seus productos: traballando a terra de 6º B.

Carla nos ensina o uso da pandeireta.

Fai uns días o alumnado de 3ºA tivo a sorte de recibir unha clase maxistral sobre o uso e utilización da pandeireta en diferentes estilos musicais por parte de Carla Benítez, tamén alumna de 3ºA. O resultado moi moi positivo xa que os compañeir@s estiveron moi atentos e agardamos as novas leccións que nos poida ofrecer no futuro. Gracias Carla.

Comezamos co uso da pandeireta no pasodobre. Para isto dicimos:
 "pantalón pon pon, pantalón pon pon, Ana ponte o pantalón".


Continuamos co uso da pandeireta na xota. Para isto dicimos:
"Ana come pan, come máis pan"


E finalizamos co uso da padeireta na muiñeira. Para isto dicimos:
"Cáscara, cáscara, chocolate cáscara"

A canción da maionesa

Dado que este segundo e terceiro trimestre estivemos a traballar a alimentación saudable, optamos dende a aula de música por traballar diferentes cancións relacionadas cos alimentos e a canción da maionesa de Luis Pescetti foi unha das que tivo un maior éxito. Comezamos co alumando de 5 anos.


O alumando de 1º B


O alumando de 3º A

Os alumnos e alumnas de 4º B

 

Que ben bailan!

Algunhas das alumnas de 5ºA nos ofreceron a posibilidade de velas bailar diferentes cancións actuais de artistas como Lady Gaga e a verdade é que o fixeron no seu tempo libre cun resultado moi bo. Dado que o facedes moi ben, non perdades as gañas de seguir bailando e compartindo con todos nós as vosas coreografías. Gracias Antía. Gracias Lucía.


E aquí podemos ver unha pequena competición entre o baile rock e o baile pop. Quen gañará?

Cantamos os reis e aguinaldos.

Tendo en conta que os cantos de reis e aguinaldos tiveron moita importancia e repercusión en tempos anteriores, e están tan presentes como agochados no noso entorno, dende o CEIP de Outeiro das Penas de Cesantes quixemos que o alumnado compartira estes cantos polas diferentes clases. Aquí mostramos un pequeno resumo destes cantos. Para ver todos os videos, fai clic aquí.

Os alumnos de E.I. de 5 anos cantando "alerta pastores" aos nenos de 1º A e 1º B.


Os alumnos de 2ºA cantan a canción de "alerta pastores" aos alumnos de 5ºB.

Os alumnos de 3ºA e 3ºB cantan a canción "día de reis" aos alumnos de 6ºA.

Os alumnos de 6ºA  cantan a canción "muxicas no ceo..." aos alumnos de 3ºA.

Homenaxe a Patsy

Dado que o noso centro é plurilingüe, ao longo de case todo o primeiro trimestre tivemos a sorte de contar coa presencia dunha mestra de Denver (Colorado - EEUU) chamada Patsy coa que aprendimos moitas cousas. Tal foi o sentimento de gratitude que o alumnado de 5º e 6º preparou unha actuación de despedida, na cal o alumnado de 5º cantaba unhas frases en inglés mentres que o alumnado de 6º realizaba unha instrumentación tomando como base a peza "Oh when the saints go marching in" de Louis Amstrong. Moitas gracias Patsy.

Este foi o ensaio:


E ésta foi a actuación en directo na súa presencia.

Traballamos a cordinación corporal.

O alumnado de 2ºB estivo a traballar a cordinación corporal mediante unha canción moi coñecida pola maioría a través dos seus propios corpos, e este foi o resultado.

martes, 29 de marzo de 2011

Traballamos coa cantiga de Mendiño.

Tendo en conta o proxecto de centro que xira arredor da illa de San Simón, a chamada "cantiga de Mendiño" foi escollida polo alumnado de 5º e 6º do CEIP Outeiro das Penas para levar a cabo unha improvisación vogal e instrumental en torno a esta cantiga. Podedes descargala facendo clic aquí.

Os alumnos/as de 5ºA experimentan cos instrumentos.




Os alumnos/as de 5ºB tamén experimentan cos instrumentos.




Os alumnos/as de 6ºA van un pouco mais alá na experimentación cos instrumentos.





E por último, o alumnado de 6ºB.