jueves, 6 de octubre de 2011

Facendo trasnadas

O alumnado do 3º ciclo estivo a traballar a coordinación de movementos tanto corporais como espaciais, a creación de coreografías grupais... todo isto sobre unha peza chamada "Son un trasno", unha peza que está no libro - CD "Tic tac" que podedes atopar na biblioteca do centro. Agradezo especialmente aos irmáns Martín e Carmen e a súa familia por darme a coñecer o libro e a oportunidade de traballar con este tipo de pezas.
Alumnado de 5ºB.


Nesta ocasión, o alumnado de 6ºA e 6ºB foi que de dar un pasiño máis de dificultade e adaptar os seus movementos a un rock and roll de Chuck Berry chamado "You never can tell" que popularizou unha famosa película do Sr Tarantino.


Alumnado de 6ºB.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

esta mui guai los videos de 6a i de 6b ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Publicar un comentario