Hoxe celebramos o nadal cunhas actuacións musicais. Preme na seguinte imaxe para ver os vídeos.
Queridas familias.
Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID-19, este nadal
2021 no noso centro ao igual que o curso pasado, realizaremos unha serie
de actuacións musicais que estarán programadas ao longo da mañá do
vindeiro luns día 20 en cada unha das aulas. A diferencia doutros anos,
será a cámara a que se mova por todas e cada unha das clases. A idea é
realizar unha emisión en directo (streaming) a través da canle youtube
do centro (sempre que técnicamente sexa posible e non haxa problemas de
conexión, problemas técnicos...) Así, cada aula representará unha
actuación musical a unha hora en concreto da mañá. Paralelamente
realizarase unha gravación de cada actuación por se hai problemas coa
emisión. Esta gravación estará igualmente dispoñible na páxina do centro
ao longo do día 21.
HORARIO DAS ACTUACIÓNS. (Hora de comezo da actuación)
EMISIÓN EN DIRECTO (STREAMING)
Para acceder á emisión en directo, simplemente hai que premer na canle de youtube do noso centro (sección superior no lateral dereito desta páxina) ou tamén premendo na seguinte imaxe. Unha vez dentro da canle de youtube do centro, premer por último no botón "en directo" para poder entrar en directo ás actuacións na hora marcada. Tratarase de ser o máis puntual posible.
Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID-19, este ano no centro novamente non se farán os cantos de reis e aguinaldos. No seu lugar, levamos as cámaras a cada aula co fin de facer unha pequena celebración de nadal un tanto diferente arredor da música. Preme na seguinte imaxe para ver as actuacións.
Este ano, dende a aula de música, traballamos a canción "ni una más" do grupo Alademoska para celebrar o día internacional da eliminación da violencia de xénero e este foi o resultado.
Este ano fixemos un concurso de curtas no noso centro e utilizamos unha destas curtas para ambiantala con músicas de medo utilizando o programa audacity. Moitas gracias a Eira, Daniel e
respectivas familias por deixarnos utilizar a súa curta para ambientala
con músicas de medo. preme na imaxe para ver o resultado.
Rematamos este curso cun taller de
creación e improvisación musical utilizando as tablets na aula. Utilizamos diferentes aplicacións como toca dance, groovepad, launchpad, garageband entre outras. Non puidemos facer o taller con todo
o alumnado por horarios, ausencias... pero si
coa maior parte e este foi o resultado. Preme na imaxe para ver un resumo.
Hoxe visitounos o grupo "Uxía lambona e a banda molona " para facer un concerto. A continuación, podedes ver un resumo do que foi este concerto. Preme na imaxe para ver as fotos e os vídeos.
O alumnado de 6º tivo hoxe a oportunidade de gozar dun taller de percusión dirixido por Didier, un mestre cubano de percusión que nos ofreceu unha masterclass sobre ecopercusión co fin de montar unha pequena batucada. A continuación tedes un resumo do que foi o taller e un vídeo co resultado final a modo de exhibición diante de todo o cole.
Arte musical en forma de lixo. Gran traballo do alumnado de primaria (1º-4º) que elaborou un instrumento musical partindo dalgún material de refugallo. Parabéns. fai clic na foto para ver un resumo.
Para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, todo oa alumnado participou nunha gravación utilizando a canción "eso que tú me das" do grupo Jarabe de palo coa cal traballamos algúns dos valores propios da paz. Agardamos que vos guste. Preme na imaxe para ver o vídeo.
Os meus seguidores
Blogger Templates, Grocery Coupons and Daily Fantasy Sports.