jueves, 23 de mayo de 2013

E chegaron os videos das actuacións do festival

Tras a celebración do día das letras galegas 2013 o pasado xoves 16, chegaron por fin os videos das diferentes actuacións que realizaron os rapaces e rapazas do noso cole. Agardamos que vos gusten. Facede clic na imaxe para acceder aos videos.


lunes, 22 de abril de 2013

IMAXINA CANTARES: HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O alumanado do 3º ciclo preparou este fantástico video para o concurso da Xunta de Galicia Imaxina Cantares: Rosalía de Castro a ritmo de rock. O alumnado de 5º interpreta a coreografía e os de 6º a música cos instrumentos e as voces.  Agardamos que vos guste.



jueves, 4 de abril de 2013

Xogando co corpo

O alumnado de 1ºB estivo a traballar a expresión corporal a través de diferentes actividades. Agardamos que vos gusten.

SESIÓN DE FOTOS.

 

SACANDO AS MANS.



martes, 19 de febrero de 2013

Soamente con tres letras

Os rapaces de 5ºA e 6ºA nos mostran un poema de Gloria Fuertes chamado "solo con tres letras" inspirada claro na temática da paz. Se queres ver a letra, fai clic AQUÍ.



lunes, 18 de febrero de 2013

A ronda do soldadinho

Voltamos a Portugal, ese país veciño que tanta tradición musical nos amosa, esta vez para ver o traballo que fixeron os rapaces de 3ºA cunha peza tradicional portuguesa que fala dun soldadinho que foi a guerra. Se queredes ver a letra facede clic AQUÍ. Para ver o video fai clic na seguinte imaxe.

 




domingo, 17 de febrero de 2013

Unha danza pola paz

Os rapaces de 6ºB nos mostran unha danza chamada "a danza da paz". Se queres ver a letra fai clic AQUÍ.


miércoles, 13 de febrero de 2013

A canción de Mambrú

Os rapaces de 2º e 3º nos mostran esta triste canción dun home chamado Mambrú que foi aguerra. A continuación, podedes escoitar a canción facendo clic na seguinte imaxe.


 






lunes, 11 de febrero de 2013

Cantamos unha canción congoleña

Os rapaces de 6º nos transportan a África cantando unha canción infantil da República do Congo chamada "Uele moliba makasi". Se queres ver a letra coa traducción fai clic AQUÍ.




domingo, 10 de febrero de 2013

Cantando por unha paz elemental

Aquí vos deixo o traballo que fixeron os rapaces de 4º en base a unha canción que fala de pequenos pero moi importantes aspectos sobre a paz do día a día.


jueves, 31 de enero de 2013

Celebramos o día da paz

Hoxe celebramos o Día da Paz, como cada 30 de Xaneiro, conmemorando a morte de Mahatma Ghandi. Fixemos a lectura conxunta do conto traballado na aulas durante esta semana, "Wangari e as árbores da paz" e logo cantamos a canción de Juanes "Paz, paz, paz". Este ano temos unha chea de músicas e músicos no cole, así que a versión que fixemos foi moi especial. Este foi o resultado.


miércoles, 23 de enero de 2013

Canción para o día da paz

Aquí vos deixo o video da canción que escolleu o centro para celebrar o día da paz deste ano. Trátase dunha canción de Juanes chamada "paz paz paz" e di así:


Somos la nueva semilla del futuro, de la vida
Somos los nińos que cantan por la paz y la esperanza
Somos la nueva semilla del futuro, de la vida
Somos los nińos que cantan por la paz y la esperanza
Dáme la mano, vamos todos a sońar con la paz
Dáme la mano, vamos todos a sońar con la paz
!Paz, paz, paz, paz, paz, paz, paz!
!Paz, paz, paz, paz, paz, paz, paz!

sábado, 19 de enero de 2013

O polo Pepe ten moita fame

Os rapaces de 1ºB nos mostran a súa interpretación do conto "O polo Pepe".


Bailando o chechere chechere

O alumnado de 4ºA nos ensina o baile que fixeron coa canción "Balada boa" de Gustavo lima Agardo que vos guste.


Tocando Oh when the saints

Os rapaces de 5ºA nos mostran o traballo que fixeron coa frauta con esta peza do outro lado do charco chamada "Oh when the saints". É usada como marcha funeral na tradición de Nova Orleans, Louisiana, chamándoa o "jazz funeral", nas procesións que levan o ataúde ao cemiterio a modo de canto fúnebre. 
Tamén vos mostro a continuación dúas versións totalmente diferentes desta canción.



 

Será un caracol?

Os alumnos de 2º nos mostran a actividade que fixeron con este conto sen letra titulado "Un caracol?" do cal podedes ver outra versión facendo clic AQUÍ.  Se que res ver a letra fai clic AQUÍ.



viernes, 18 de enero de 2013

Un xogo sobre paxaros un tanto raros

Aquí vos deixo o xogo de audición co que estiveron ocupados esta semana os rapaces de 3º e 4º para traballar a percepción audivisual. Un xogo elaborado gracias ao traballo de Julio Payno. Agardo que vos guste e... a ver se conseguides o diploma de paxarólogo experto. Ánimo!!!


viernes, 11 de enero de 2013

Tocamos "moita festa"

O alumnado de 3ºA e 3ºB estivo a traballar a peza "moita festa" de Carlos Núñez cos instrumentos a través dun musicograma e este foi o resultado. Podedes ver o musicograma a continuación gracias ao traballo de Juan Fran Moreno.



 

Cucú cantaba la rana

Os alumnos de 1ºB nos mostran o traballo que fixeron con esta moi coñecida canción popular chamada "Cucú cantaba la rana".



Cú cú cantaba la rana.
Cú cú debajo del agua.

Cú cú paso un caballero.
Cú cú de capa y sombrero.

Cú cú paso una señora.
Cú cú con falda de cola.

Cú cú paso un marinero.
Cú cú vendiendo romero.

Cú cú le pidió un ramito.
Cú cú no le quiso dar.

Cú cú se metió en el agua
Cú cú y se echo a llorar.

Xogamos cos dedos

Os alumnos de infantil 5 anos A e B nos ensinan un xogo de mans coa canción "dedín dedín". Son moitos os ditos que comezan por Dedín dedín... Poden ter a función de escoller entre os/as xogadores/as ou ben poden acompañar o xogo do mesmo nome Dedín, dedín entre un adulto e un neno/a. Neste caso, o adulto, mentres recita, vai dando belisquiños no dorso de cada un dos dedos do neno/a, que están estendidos. O dedo no que coincide a última palabra dóbrase. O xogo repítese ata que todos os dedos queden dobrados.



martes, 8 de enero de 2013

A tocar!!!

Aquí vos deixo un instrumento de láminas virtual para xogar e investigar un pouco coas notas. Por certo, este instrumento vailles ir moi ben para ensaiar os rapaces de 5º que estan a preparar a instrumentación de "Oh when the saints" para a vindeira semana. Agardo que vos guste.