miércoles, 21 de noviembre de 2012

Homenaxeamos á castaña

Chegados a estas alturas do ano, cobra importancia o magosto, é dicir, a festa das castañas e para rendir tributo a este froito tan apetecible traballamos a canción da castaña en todas as clases pero con diferente enfoque. Para ver os videos fai clic en cada imaxe e para ver a letra da canción fai clic aquí.







Alumnos de 1ºA interpretando a canción cos xestos.






Alumnos de 3ºA interpretando a coreografía da canción da castaña.







 Alumnos de 4ºB interpretando a coreografía da canción da castaña.






Alumnos de 4ºA interpretando a coreografía da canción da castaña.










Alumnos de 3ºB interpretando a coreografía da canción da castaña.

Noite de terror

O alumando de 1ºA interpreta unha canción de terror  titulada "noche de terror" con moitos animais que a máis de algún de nós nos procucen verdadeiro medo. Para acceder á letra fai clic aquí.


Bailando coa familia Adams

Aquí vos deixo o baile que fixeron os rapaces de 6ºB coa cabeceira da serie "a familia Adams". Para recordar a estes simpáticos e tétricos personaxes fai clic aquí.


martes, 20 de noviembre de 2012

A canción da pulguinha

Aquí vos deixo o video da canción da "pulguinha na cueca du vovó" esa canción que tanto vos gusta.

Havia uma pulguinha
na cueca do vovô
O vovô soltou um pum, 
a pulguinha desmaio

Dó – ré – mi – fá – fá –  fá

Dó – ré – dó – ré – ré – ré

Dó – só – dá – mi – mi – mi

Dó – ré – mi – fá – fá – fá

E aquí os alumnos de 5ºA interpretando esta canción con percusión corporal.



lunes, 19 de noviembre de 2012

Interpretando "Mata mua".

Traemos hoxe un estupendo traballo dun obradoiro de plástica dun Instituto de Moaña chamado "IES As barxas" onde se mesturan as artes plásticas e a música con moita sensibilidade. O certo é que non fai falla ir fora para atopar traballos bos. Galicia calidade!!! Parabéns a tódolos participantes e creadores deste proxecto.


miércoles, 14 de noviembre de 2012

Un mundo de posibilidades vogais.

Incredibox, unha interesante aplicación online para traballar aspectos vogais.


martes, 13 de noviembre de 2012

Traballamos con efecto pasillo.

Aquí vos deixo un breve resumo da audición que están a traballar os rapaces de 4º. Agardo que vos guste.


miércoles, 31 de octubre de 2012

Bailando unha de cazapantasmas

O alumando de 5ºA e 5ºB móstranos o baile da película "cazapantasmas" dos anos 80 utilizando os catro cazapantasmas e as súas víctimas. Fai clic aquí para voltar algúns anos atrás.



martes, 30 de octubre de 2012

Tocando unha balada ben boa

O alumando de 5ºA interprétanos a peza de Gustavo Lima "balada boa" tamén coñecida como chechere ... cos boomwhackers (tubos sonoros) e instrumentos Orff (carillóns, xilófonos e metalófonos).

Bailamos un twist.

O alumando de 4ºA e 4ºB, seguindo a temática do samaín, nos mostran un baile con aire de twist chamado "o twist do esquelete". Para ver o video da canción fai clic aquí.



Bailamos truco ou trato.

O alumando de 3ºA e 3ºB nos mostra este simpático baile da canción "Trick or treat", truco ou trato en galego. Para escoitar a música e ver a letra fai clic aquí.


Dentro do castelo pasan cousas extrañas.

"Dentro do castelo", unha bonita canción que interpreta o alumando de 1ºB e 2ºA. Para ver o video da canción fai clic AQUÍ.


O esquelete danzarín.

O alumnado de 2ºB interpreta a canción "skeleton dance" que é moi axeitada para traballar en inglés algúns dos osos máis importantes corpo e as súas articulacións.

 

A canción dos esqueletes

O alumnos da clase de 4 anos e os de 1ºB  interpretan a canción dos esqueletes. Podedes ver o video da canción facendo clic AQUÍ e consultar a letra tamén AQUÍ.



miércoles, 24 de octubre de 2012

Traballamos o samaín.

Ao longo destas semanas iremos traballando a festividade do samaín o todos aqueles aspectos relacionados con esta celebración. Así, o alumnado de 1ºB interpretou dúas cancións relacionadas co samaín, concretamente cun castelo chamada "Dentro del castillo" e por outro lado unha canción de esqueletes chamada "os esqueletes". Fai clic na imaxe para ver os videos.

Dentro del castillo
hemos encontrado
un baúl y una maleta, 
toma tu las llaves 
abre silencioso
yo vigilo en esta puerta.
Un murciélago aaaahhhhhhh!!!!!!
Dentro del castillo...
Una cucaracha
Dentro del castillo...
Un esqueleto
Dentro del castillo...
Unos ojos negros
Dentro del castillo...
Un fantasma


Cuando el reloj marca la una
los esqueletos salen de su tumba,
tumbas por allí, tumbas por allá, tumba, tumba, gua jajajaja.
Cuando el reloj marca las dos
dos esqueletos comen arroz
Cuando el reloj marca las tres
tres esqueletos se vuelven al revés
Cuando el reloj marca las cuatro
cuatro esqueletos van al teatro
Cuando el reloj marca las cinco
cinco esqueletos se pegan un gran brinco
Cuando el reloj marca las seis
seis esqueletos juegan ajedrez
Cuando el reloj marca las siete
siete esqueletos se montan en cohete
Cuando el reloj marca las ocho
ocho esqueletos comen bizcocho
Cuando el reloj marca las nueve
nueve esqueletos todos se mueven
Cuando el reloj marca las diez
diez esqueletos se duermen otra vez. (retardando)

lunes, 22 de octubre de 2012

Rapazas de 6ºA bailando con Rihanna

As rapazas de 6ºA Hadriana, Mar e María interpretan esta coñecida canción de Rihanna "We found love". Moi ben rapazas!!! Cal será a seguinte?


Bailando a carrasquiña

"O xogo da carrasquiña" é un xogo de orixe incerta e aparece con distintas variantes en Brasil e Portugal. Este baile foi recollido na zona de As Neves para o divertimentos dos adultos nos seráns. Aquí, interpretado polo alumnado de 2º.



miércoles, 17 de octubre de 2012

Os esqueletes.

Xa que se achega o samaín, o alumando de 5º está a preparar esta simpática canción chamada "os esqueletes". Aquí vos deixo o video, a partitura e para ver a letra fai clic AQUÍ.


PARTITURA:
E tamé outras versións da mesma canción.


lunes, 15 de octubre de 2012

Traballamos a linguaxe musical na PDI

A quí vos deixo o xogo musical chamado "a carabela musical" co que estamos a traballar a linguaxe musical no 4º curso. Fai clic na imaxe e comeza a xogar!!! Presta moita atención e afina o oído.

Pobre señor Don Gato!!!

O alumando de 1º interpreta esta canción popular chamada "Estaba el señor Don Gato" a través dun xogo de turnos. Fai clic na imaxe para ver o video e AQUÍ para ver a letra.