jueves, 26 de septiembre de 2013

Traballamos coa xiralda

O alumnado de 1º nos amosa unha interpretación da peza galega "a xiralda" mesturando movemento espacial e boomwackers (tubos sonoros).



miércoles, 25 de septiembre de 2013

Galicia, cada día máis linda!

O alumnado de 2º interpretou esta famosa peza que Pimpinela popularizou ao falar de Galicia cunha pequena coreografía espacio-corporal.


Escatumbararibé

O alumnado de 6º nos amosa unha interesante peza de orixe brasileiro chamada "escatumbararibé" que podedes atopar no libro "María fumaça" na biblioteca do centro e que ao mesmo tempo interpretaron a través dun xogo de vasos e dunha pequena coreografía. Este foi o resultado final:




O tamborileiro

O alumnado de 2º nos amosa outra peza tradicional de carácter sumativo chamada "o tamborileiro" a través dunha actividade de roda. Agardo que vos guste.



Alecrín dourado

O alumnado de 3º nos amosa unha peza tradicional galega chamada "alecrín dourado" que primeiramente cantaron e logo interpretaron cos tubos sonoros. Escoita a música AQUÍ. Agardo que vos guste.
   
Alecrín, alecrín dourado que naceu no monte sen ser sementado (bis) 
Ai, meu amor quen che dixo a ti que a flor do campo era o alecrín? (bis)
Alecrín do meu corazón por causa de ti fixen esta canción (bis)        
Ai, meu amor quen che dixo a ti que a flor do campo era o alecrín? (bis)



 



Un profesor de inglés, John Lennon e as letras das cancións

Curiosa historia: Resulta que un profesor, Juan Carlos Carrión, comezou a utilizar, hai moitos anos, un interesante método para ensinar inglés que consistía en facer escoitar aos seus alumnos cancións dos Beatles e propoñelos que escribisen a letra. Eran os anos 60. Hoxe parécenos normal este exercicio de intentar "encher" os "ocos" de letras de cancións mentres as oímos verdade? Pois non o era cando para sacar as letras este profesor tiña que oír raio Luxemburgo (onde picaban aos Beatles continuamente) e pasarse horas intentando coller todas as palabras das cancións. Pero sempre se lle escapaba algunha (porque, claro, as cancións van á présa e a radio non tiña "pause") e ao final tiña "ocos" en todas as súas páxinas, palabras que lle escaparan.Pouco despois os Beatles empezaron a sacar discos no Reino Unido e despois en España. Este profesor xa podía adquirir o disco e poñerse as cancións unha e outra vez para sacar a letra (porque a letra non ía no disco). Entón Juan Carlos, que daba clases en Cartagena, decátase de que John Lennon está en Almería rodando unha película, e nin curto nin preguiceiro, vai a buscalo levándose todas as letras con "ocos". Buscouno, deu con el e John Lennon encheulle algúns dos ocos. Ademais, prometeu enviarlle á súa academia as partituras das súas cancións.
Así o fixo dende entón. Naquela academia de Cartagena recibíanse as partituras das cancións dos Beatles. O máis curioso é que no seguinte álbum que publicaron The Beatles, "Sgt. Pepper's", incluíron a letra das cancións. É o primeiro disco da historia da música que apareceu coas letras. A partir de aí os discos aparecerían no mercado coas letras das cancións.


 

viernes, 20 de septiembre de 2013

De camiño pra Viseu

O alumnado de 4º nos amosa unha peza tradicional dos arredores do río Miño chamada "camiño de Viseu", a cal forma parte do libro "na punta do pe" do grupo de baile Pesdelán que estamos a traballar esta semana na aula de música. Agardo que vos guste!!!


A verdade é que os xapones...

Xapón. Que país, que cultura, que cousas máis chulas fan os nipóns. A verdade é que emociona. Que o disfrutedes tanto coma min.


jueves, 19 de septiembre de 2013

Xogamos coas mans

O alumnado de 5 anos nos amosa unha peza do grupo Mamacabra chamada "Coas miñas mans" para traballar diferentes partes do corpo.


A sirigoça

O alumnado de 1º nos amosa outro dos bailes do libro "na punta do pe" do grupo de baile Pesdelán. Esta peza chámase "a sirigoça" e foi recollida na zona norte de Portugal, á beira do Miño. Agardo que vos guste!!!




miércoles, 18 de septiembre de 2013

Que baile o garotinho!!!

Novamente o grupo de música para baile Pesdelán nos amosa outra das pezas recollidas e explicadas minuciosamente no seu libro "na punta do pé" titulada o garotinho, a cal foi interpretada polo alumnado de 3º a través dunha coreografía. Agardo que vos guste!

Unha de trasnos

O alumnado do 3º ciclo estivo a traballar a coordinación de movementos tanto corporais como espaciais, a creación de coreografías grupais... todo isto sobre unha peza chamada "Son un trasno", unha peza que está no libro - CD "Tic tac" que podedes atopar na biblioteca do centro. 

 

Dedín dedín

O alumnado de 3ºB interpreta unha canción tradicional galega chamada "Dedín dedín" a través dun xogo.

LETRA: Dedín dedín, chámase Roquín, rabo de cuco mazaruco, cando o rei por alí pasou tres madamas convidou, a pequena, a redonda, tócache a ti... quero que te escondas.


martes, 17 de septiembre de 2013

O xogo da carrasquiña

O alumnado de 2ºA nos presenta o "xogo da carrasquiña", unha danza sinxela do libro Pesdeán, recollida na parroquia de Rubiós, coa cal disfrutamos de bicos e apertas gratuitos. Podedes acceder á letra, partes da coreografía e á partitura facendo clic na seguinte imaxe.




lunes, 16 de septiembre de 2013

Unha de TOY SESSIONS

As "Toy sessions" de Save The Chldren. Que hai máis próximo a un nen@ que un xoguete? Por iso Save the Children tivo a idea de pedir algúns artistas que toquen algunha das súas cancións con instrumentos de xoguete, como parte da campaña para conseguir colaboradores que fagan posible que máis nen@s crezan felices. Aquí "Efecto pasillo".



miércoles, 11 de septiembre de 2013

Galicia calidade

E mentres, do outro lado da ría, o instituto IES das Barxas segue a ofrecernos traballos tan interesantes coma este. Compañeir@s e alumn@s, BO TRABALLO!!!


BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO 2013/14

Xa chegou o día de comezar o cole e dende este blogue queremos darvos a benvida a este novo curso 2013/14 cheo de novidades que irán aparecendo nos próximos días, polo menos na aula de música. Mentres tanto, déixovos cunha pequena e divertida historia para abrir boca.


lunes, 3 de junio de 2013

Xogamos coas audicións

Aquí vos deixo un xogo estupendo elaborado por Julio Payno para traballar algunhas das pezas máis importantes da música clásica. Agardo que vos guste.


jueves, 23 de mayo de 2013

E chegaron os videos das actuacións do festival

Tras a celebración do día das letras galegas 2013 o pasado xoves 16, chegaron por fin os videos das diferentes actuacións que realizaron os rapaces e rapazas do noso cole. Agardamos que vos gusten. Facede clic na imaxe para acceder aos videos.


lunes, 22 de abril de 2013

IMAXINA CANTARES: HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O alumanado do 3º ciclo preparou este fantástico video para o concurso da Xunta de Galicia Imaxina Cantares: Rosalía de Castro a ritmo de rock. O alumnado de 5º interpreta a coreografía e os de 6º a música cos instrumentos e as voces.  Agardamos que vos guste.