viernes, 11 de enero de 2013

Xogamos cos dedos

Os alumnos de infantil 5 anos A e B nos ensinan un xogo de mans coa canción "dedín dedín". Son moitos os ditos que comezan por Dedín dedín... Poden ter a función de escoller entre os/as xogadores/as ou ben poden acompañar o xogo do mesmo nome Dedín, dedín entre un adulto e un neno/a. Neste caso, o adulto, mentres recita, vai dando belisquiños no dorso de cada un dos dedos do neno/a, que están estendidos. O dedo no que coincide a última palabra dóbrase. O xogo repítese ata que todos os dedos queden dobrados.



1 comentarios:

Nuria Rodríguez dijo...

Cantouna todiña mentres a miraba...e parece que non fai caso.....

Publicar un comentario