miércoles, 27 de abril de 2016

SAÍDA MUSICAL: INFANTIL VAI DE CONCERTO.

O alumnado de Ed. Infantil asistiu a un concerto en Pontevedra do grupo musical Mamacabra chamado "15 primaveiras" en honor á súa longa traxectoria. Foi un concerto moi divertido. Aquí vos deixo un pequeno resumo.

https://youtu.be/ZXyBj-yagU0

Tocando rock and roll en 5º

O alumnado de 5º está a traballar os instrumentos musicais a través de musicogramas como este que se chama "Rock around the clock". Agardo que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=Nrr2YqfMpx4&feature=youtu.be

Tocando el Danubio azul en 2ºB

O alumnado de 2º está a traballar os instrumentos musicais a través de actividades como este musicograma chamado "o danubio azul" de J. Strauss. agardo que vos guste.

https://youtu.be/jhpO-7RVYbk

Tocando "moita festa" e "star wars" en 3º

O alumnado de 3º, xa que está a traballar os instrumentos musicais, nos amosa a instrumentación que fixeron eles dun musicograma da peza "Moita festa" de Carlos núñez. Agardo que vos guste.

https://youtu.be/wvRzoJLfaUg


https://youtu.be/7-e5GKg7ZHQ

jueves, 21 de abril de 2016

Traballando cos instrumentos

Xa que estamos a traballar os instrumentos e as diferentes agrupacións instrumentais, aquí deixo unhas actividades para repasar para os rapaces de 5º e 6º.

http://www.quizrevolution.com/act108872/mini/go/agrupaciones_instrumentales


http://www.slideshare.net/anamiestrella/clasificacin-de-las-agrupaciones-instrumentales?ref=http://musicameruelo.wordpress.com/2012/05/28/mapa-interactivo-de-las-agrupaciones-instrumentales/

domingo, 17 de abril de 2016

MUSICARTE

Velaquí tedes un bo exemplo de arte, tecnoloxía e música. Agardo que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=PERqH22etLs&index=13&list=RDjkjhF0TRxE4

lunes, 11 de abril de 2016

SAIDA MUSICAL: 5º E 6º VAN DE CONCERTO

O alumnado de 5º e 6º asistiu a un concerto celebrado en Pontevedra do músico "Xoán Curiel" e a súa banda, os cales nos presentaron o seu traballo chamado "estamos no verán" que ten un formato de libro disco. Este é un pequeno resumo deste espectáculo.

https://youtu.be/QU5ZVhzQjKk

martes, 29 de marzo de 2016

SAÍDA MUSICAL - CONTOS DO TRANVÍA

O alumnado de 1º e 2º realizaron unha saída a un concerto musical chamado "Contos do tranvía" da compañia Rodarirrodari e aquí vos deixo un pequeno resumo. 

https://www.youtube.com/watch?v=FZW0Grquv7I&feature=youtu.be

miércoles, 16 de marzo de 2016

FACEMOS UN GLOBOLATA

Os rapaces de Educación infantil nos amosan o proceso de construcción dun globolata. Xa que estamos a traballar a arte no centro, fixeron unha mestura entre unha lata e un globo como instrumento musical. A verdade é que son uns artistas. Agardo que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=Q392FPxf_tY

lunes, 29 de febrero de 2016

XOGAMOS COA LINGUAXE MUSICAL

Aquí vos deixo unha serie de xogos cos que estan a traballar os rapaces de 5º e 6º para repasar os aspectos básicos da linguaxe musical. Un bo traballo de María Jesús Camino. Aos rapaces de 6º gustáronlle moito. A xogar!!!

Para traballar a linguaxe musical a modo de repaso.


 Para traballar as notas, figuras e compases.


Para traballar o compás de 4/4.
 

TRABALLANDO COAS TICS

O alumnado de 2º está a traballar na aula de informática o ambiente sonoro a través de xogos como este de Mercedes González Leal para practicar os instrumentos, os sons do entorno, a orquestra, a linguaxe musical... A xogar!!!

https://dl.dropboxusercontent.com/u/56611573/MUSICA%20PRIMARIA/musica_primaria.html

Traballamos co paracaídas

O alumnado de 2º estivo a traballar a peza "o reloxo sincopado" de Leroy Anderson utilizando o paracaíadas mediante unha pequena coreografía. Agardo que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=dUUPPEpqKSY&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=ARiNgSPC94s&feature=youtu.be

Traballamos a expresión corporal

O alumnado de 2ºB nos amosan unha actividade de expresión corporal onde tiveron que convertirse por uns minutos nunha flor que esperta coa luz da mañá para quedar o resto do día tomando o sol.

https://www.youtube.com/watch?v=yNVwcpUjT_M&feature=youtu.be

jueves, 25 de febrero de 2016

LIM DE LINGUAXE MUSICAL

Vos deixo a continuación unha das actividades coas que estamos a traballar na aula a linguaxe musical, un traballo de Paola Oliva co que podedes xogar e aprender facendo clic na seguinte imaxe.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/5213173/LIM%20LM/lim_lm.html

lunes, 8 de febrero de 2016

Bailando no entroido 2016

E chegou o entroido. Este ano, xa que estamos a traballar a arte, as diferentes clases disfrazáronse dalgunhas das diferentes artes que hai e así, por exemplo, os nenos de infantil basáronse nos persoaxes do mundo de Oz, 1º e 2º de notas musicais, 3º e 4º dos beatles e 5º e 6º de grafiteiros. Para amosar parte da súa arte, cada clase realizou un baile que podedes ver a continuación. Agardamos que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=YrXA3-h-QhE

https://www.youtube.com/watch?v=FBhV7k2pXgk 

https://youtu.be/YVmeMl8XcjY

https://www.youtube.com/watch?v=ZBgMKhfK44c


jueves, 4 de febrero de 2016

LIPDUB - EL MISMO SOL - MAKING OFF (COMO FIXEMOS TODO ISTO)


Se queres ver o "making off" (como se fixo todo isto) do LIPDUB "el mismo sol" que fixemos estes días atrás, preme na imaxe. Agardamos que vos guste.

https://youtu.be/YKUfiUD08H4

sábado, 30 de enero de 2016

LIPDUB - DÍA DA PAZ - EL MISMO SOL

Este ano o centro escolleu a canción de Álvaro Soler "el mismo sol" para celebrar o día da paz 2016, e tento en conta que o proxecto de centro deste ano trata sobre a arte, quixemos facer algo distinto, creativo e emocionante onde participara todo o centro, por iso fixemos un lipdub. Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración. Máis sorpresas nos vindeiros días. Fai clic na imaxe para ver o video. 

https://www.youtube.com/watch?v=IXPZJpsdRd4&feature=youtu.be

E se queres ver o "making off" (como se fixo todo isto), preme na seguinte imaxe.

https://youtu.be/YKUfiUD08H4

lunes, 25 de enero de 2016

Canción para a paz

Este ano no noso centro escollemos a canción "el mismo sol" de Álvaro Soler para celebrar o día da paz. Tamén imos utilizar esta canción para realizar un lip dub con todo o alumnado do centro e tamén unha coreografía conxunta de todo o alumnado, asi que a continuación vos deixo o video da canción, a coreografía que estamos a preparar e a coreografía que fixemos todo o cole dende Ed. física e música. A bailar.

https://www.youtube.com/watch?v=srPJ-s5uMbI


https://www.youtube.com/watch?v=A-zKciNGziA&feature=youtu.be 


 https://www.youtube.com/watch?v=QURRHIjDCko&feature=youtu.be

lunes, 14 de diciembre de 2015

Xa chegaron os cantos de reis

Ao longo desta semana, todos os alumnos do cole celebrarán por sexto ano consecutivo a chamada "ruta do caramelo", unha interesante forma de intercambiar polas clases cancións de reis e aguinaldos por chuches e caramelos. Xa podedes ver os videos facendo clic na imaxe.

http://musicascativas.wix.com/cantandoosreis2015

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Traballamos o apalpador

Ao longo desta semana dende a biblioteca estase dando a coñecer a figura do apalpador e apoiando esta idea os alumnos de 2º e 3º nos presentan unha actividade musical relacionada co libro "antón e o apalpador" a través dunha canción dramatizada. Fai clic na imaxe para ver o resultado.

https://www.youtube.com/watch?v=CW2LsitC5_w

https://www.youtube.com/watch?v=4ZdN75oxG7o


https://www.youtube.com/watch?v=062DeHSJTRM

https://www.youtube.com/watch?v=ETo2p7GkIRI