lunes, 11 de mayo de 2020

CORONAVIRUS MUSICAL 6º (Semana 11-17/05/20)

  • Repaso linguaxe musical: Completade a seguinte ficha e ao rematar dádelle a enviar. Tedes que poñer o voso nome, apelido e o curso e onde pon "Introduce el email o código clave de tu profesor/a:" poñedes o meu correo: miguelotero@ceipouteirodaspenas.com

https://www.liveworksheets.com/uo205157gs

  • Ukelele: Volvemos co ukelele cunha proposta interesante. Déixovos a continuación un pequeno vídeo sobre a peza que traballamos no primeiro trimestre "Dont worry be happy" tocada e cantada por min. A idea é repasar o traballado co ukelele no primeiro trimestre pero tedes que gravarvos cantando unha parte desa canción cunha letra diferente inventada por vos coa temática do coronavirus. Así faremos unha canción cos diferentes trozos que me enviedes. Para isto, debedes escoller unha parte da canción, inventar unhas palabras para ese fragmento e debedes utilizar a miña gravación cuns auriculares para que o que gravedes se escoite sen música. 

https://youtu.be/o3rPqjFYeh0



0 comentarios:

Publicar un comentario