lunes, 30 de mayo de 2011

Carla nos ensina o uso da pandeireta.

Fai uns días o alumnado de 3ºA tivo a sorte de recibir unha clase maxistral sobre o uso e utilización da pandeireta en diferentes estilos musicais por parte de Carla Benítez, tamén alumna de 3ºA. O resultado moi moi positivo xa que os compañeir@s estiveron moi atentos e agardamos as novas leccións que nos poida ofrecer no futuro. Gracias Carla.

Comezamos co uso da pandeireta no pasodobre. Para isto dicimos:
 "pantalón pon pon, pantalón pon pon, Ana ponte o pantalón".


Continuamos co uso da pandeireta na xota. Para isto dicimos:
"Ana come pan, come máis pan"


E finalizamos co uso da padeireta na muiñeira. Para isto dicimos:
"Cáscara, cáscara, chocolate cáscara"

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Carla ensínanos o uso da pandeireta


(e, ademais, ao ser un título non leva punto no final)

Publicar un comentario