miércoles, 22 de abril de 2020

CORONAVIRUS MUSICAL - 6º (Semana 20-26/04/20)

Boas a tod@s. Comezamos esta semana cun repaso de frauta. Déixovos a continuación a partitura e un vídeo coas posicións dos dedos para tocala correctamente.
  • Frauta: "A saia da Carolina". Déixovos a continuación a partitura de frauta que imos repasar cun vídeo explicativo de como tocala.

https://www.youtube.com/watch?v=LQMwGodflNo&feature=youtu.be

  • Actividade instrumental: "Musicograma overtura da ópera Carmen de Bizet". Collemos un instrumento ou un obxecto musical se non temos e percutimos unha vez para cada figura musical seguindo as instruccións do vídeo. Tamén vale con palmas.
https://www.youtube.com/watch?v=V4klCGTlaeg
 
  • Actividade de percusión: "Xogo de ritmo con baquetas". Necesitamos dous palos, pinchos morunos, bolis... para percutir sobre un caldeiro, tina.... e seguir as instrucción do vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=0wuh7NPeB6Q

  • Actividade de linguaxe musical: "Lanza ao profe". Actividade de repaso dos conceptos de linguaxe musical traballados no primeiro trimestre. Canto sabes?
http://mariajesuscamino.com/Content/repaso-lenguajemusical.swf

  • Curiosidade musical: Sabias que... as termitas comen madeira ao dobre de velocidade se escoitan Heavy metal e as vacas dan máis leite se escoitas música relaxante?

CORONAVIRUS MUSICAL - 5º (Semana 20-26/04/20)

Boas a tod@s. Comezamos esta semana cun repaso de frauta. Déixovos a continuación a partitura e un vídeo coas posicións dos dedos para tocala correctamente.
  • Frauta: "A castaña". Déixovos a continuación a partitura de frauta que imos repasar cun vídeo explicativo de como tocala.
https://www.youtube.com/watch?v=LQMwGodflNo&feature=youtu.be

  • Actividade instrumental: "Musicograma en la cueva del rey de la montaña". Collemos un instrumento ou un obxecto musical se non temos e percutimos unha vez para cada figura musical seguindo as instruccións do vídeo. Tamén vale con palmas.
https://www.youtube.com/watch?v=Wk43IDUQmTk&feature=emb_logo

  • Actividade de percusión: "Xogo de ritmo con baquetas". Necesitamos dos palos, pinchos morunos... para percutir sobre un caldero, tina.... e seguir as instrucción do vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=0wuh7NPeB6Q

  • Actividade de linguaxe musical: "Lanza ao profe". Actividade de repaso dos conceptos de linguaxe musical traballados no primeiro trimestre. Canto sabes?

http://mariajesuscamino.com/Content/repaso-lenguajemusical.swf

  • Curiosidade musical: Sabias que... ss termitas comen madeira ao dobre de velocidade se escoitan Heavy metal e as vacas dan máis leite se escoitas música relaxante?

martes, 21 de abril de 2020

MAIL DE CONTACTO

O correo electrónico de contacto conmigo é: miguelotero@ceipouteirodaspenas.com
Por favor, NON UTILIZAR o correo musicascativas@gmail.com xa que por configuración das contas do alumnado non podo contestarlles dende musicascativas@gmail.com. Grazas.

MENSAXE DE ÁNIMO PARA O NOSO ALUMNADO. PREME NA IMAXE.

https://www.youtube.com/watch?v=qFp-z6v6dP8&feature=youtu.be

MÁIS ÁNIMO TODAVÍA - 20 DE ABRIL DO 90?

Xa pasaron 30 anos desta canción da cal nos acordamos máis os pais e nais que os nosos fillos e da cal se fixo este días unha emotiva versión para homenaxear a nosa sanidade, forzas de seguridade, servizos de limpeza, supermercados...

https://www.youtube.com/watch?time_continue=71&v=CDKGCDOzzBQ&feature=emb_logo

CORONAVIRUS MUSICAL - INFANTIL (Semana 20-26/04/20)

Comezamos coa sesión musical desta semana como habitualmente ao longo do curso, cun conto musical.
  • Conto musical: "O polo Pepe". Cantamos o retrouso e seguimos as indicacións do vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=AY2K1A0Ln5k

  • Actividade instrumental. "Musicograma Peppa pig". Coller un instrumento de percusión (ou o que se teña) e tocar cando a figura sexa de cor percutindo unha vez por cada sílaba.
https://www.youtube.com/watch?v=TAsrqRfufrE

  • Actividade de movemento: "Canción de las vocales". Movemento libre polo espazo cantando a canción e facendo as letras co corpo cando se fale de cada unha delas, alternando así unha parte de movemento espacial con outra parte de movemento corporal sen desprazamento.
https://www.youtube.com/watch?v=J3m5WNefmwQ

  • Acividade vogal: "Os números". Cantar a canción de María Fumaça contando cada número coas dedos das mans.
https://www.youtube.com/watch?v=NGrFgQ4trxU

  • Instrumentos musicais. Intenta pechar os ollos e adiviñar o instrumento que esta a sonar, logo abre os ollos para comprobar se acertaches.
https://www.youtube.com/watch?v=MNXJ9A8iSi4

  • Actividade de relaxación. "Chopin - Nocturno op.9 nº2". Tumbados no chan e respirando cada vez máis lenta e profundamente.
https://www.youtube.com/watch?v=9E6b3swbnWg

CORONAVIRUS MUSICAL - 4º (Semana 20-26/04/20)

  • Frauta: "Os esqueletes". Déixovos a continuación a partitura de frauta que imos repasar cun vídeo explicativo de como tocala. 

https://youtu.be/NlUvG-rPCMU

  • Musicograma: "Ruinas de Atenas" de Beethoven. Tocar con precusión corporal (paos = mans, montañas = redobre muslos, puntos = pes). Tamén se pode facer con instrumentos se queredes (paos = tambor ou similar, montañas = cascabeis ou similar, puntos =crótalos, vaso cristal ou similar).
https://www.youtube.com/watch?v=vBhnHgf80KI

  • Movemento: "A Carolina" de Uxía lambona. Movemento libre polo espazo e facer os movementos do retrouso como no vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=DfACD6aLla4

  • Improvisación musical: "Incredibox". Un xogo musical para improvisar e combinar ritmos. Clica na imaxe para a versión online. Tamén dispoñible a App.
https://www.incredibox.com/

CORONAVIRUS MUSICAL - 3º (Semana 20-26/04/20)

  • Frauta: "Estrellita donde estás". Déixovos a continuación a partitura de frauta que imos repasar cun vídeo explicativo de como tocala. 

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhSTx2Bp4ZviOdj-8_oJNOM1nilbgW3B_UUoUxeKRmLCMauIA0PJHu9VWdR2DsgilwlJ2IDsGz1pgMKDNvPy0aW3KWlz5qBhBD95nieSXcBV_cXV3u_hxMJ8aQtWGXVMyRJDBhicbPqXLY/s1600/Estrellita.jpg


https://youtu.be/NlUvG-rPCMU

  • Musicograma: "Ruinas de Atenas" de Beethoven. Tocar con precusión corporal (paos = mans, montañas = redobre muslos, puntos = pes). Tamén se pode facer con instrumentos se queredes (paos = tambor ou similar, montañas = cascabeis ou similar, puntos =crótalos, vaso cristal ou similar).

https://www.youtube.com/watch?v=vBhnHgf80KI

  • Movemento: "A rianskeira" de Uxía lambona. Movemento libre polo espazo e facer os movementos do retrouso como no vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=DfACD6aLla4

  • Improvisación musical: "Incredibox". Un xogo musical para improvisar e combinar ritmos. Clica na imaxe para a versión online. Tamén dispoñible a App.

https://www.incredibox.com/

CORONAVIRUS MUSICAL - 1º e 2º (Semana 20-26/04/20)

Boas a tod@s. Agardo que estedes tod@s ben e alégrome de estar novamente con tod@s vos. A partir de agora a clase de música realizarémola únicamente a través deste blogue como ferramenta intermediaria co alumando. Igualmente tratarei de realizar algunha videoconferencia nos próximos días pero avisarei con anterioridade para estar preparad@s. A continuación tedes unha serie de actividades que podedes realizar de forma voluntaria nesta sesión. Cada semana será unha sesión diferente e polo tanto terá actividades variadas. Moito ánimo.

  • Conto musicado: "Cocorico". Cantar a canción e dramatizala con xestos.

https://www.youtube.com/watch?v=VtyHS-t-laM

  • Actividade de movemento: "La gallina turuleca". Movemento libre polo espazo con percusión corporal de palmas no retrouso.
https://www.youtube.com/watch?v=AYK6f_dMtNY

  • Actividade instrumental: "El gallo pinto". Coller un instrumento calquera e marcar o pulso con movemebnto libre polo espazo.

https://www.youtube.com/watch?v=Hb3-DapMfmQ

  • Xogo musical: "Chocolate". Xogo de movemento e coordinación corporal pero con pes.

https://www.youtube.com/watch?v=IqJjBh6SM98

  • Musicograma: "Angry birds". Percusión con algún tipo de instrumento musical.


https://www.youtube.com/watch?v=jkjhF0TRxE4&feature=emb_logo

  • Actividade de relaxación: "O son do ar" - Luar na lubre. Tumbados no chan e respirando cada vez máis lenta e profundamente.
https://www.youtube.com/watch?v=ezVaHlNFQ1I

jueves, 16 de abril de 2020

REPASO MUSICAL 1º-6º E.P. (Semana 13-19/04)

Boas a tod@s. A continuación, podedes entrar neste recurso estupendo de para repasar algúns conceptos musicais que xa traballamos na aula. Esta actividade está enfocada para todo o alumnado de primaria xa que hai varios niveis e actividades musicais dende un punto de vista lúdico. A partir da semana que ven, o traballo será individualizado por aulas. Fai clic na imaxe para comezar. Ánimo.

https://aprendomusica.com/

REPASO MÚSICA INFANTIL (Semana 13-19/04)

Boas a tod@s. A partir deste momento este blog será a ferramenta de traballo da aula de música onde porei actividades musicais de caracter voluntario cada semana para o alumnado de infantil. A continuación déixovos un par de actividades.
Por outro lado, tamén podedes consultar a sección lateral deste blog chamada a música infantil no noso outeiro onde poderedes atopar unha chea de actividades, cancións, contos...

http://musicascativas.blogspot.com/

  • Conto musical. "CORRE CORRE CABACIÑA". Clica na imaxe e canta o retrouso da canción.
https://www.youtube.com/watch?v=EfUEd0xTlhA
  • Actividade instrumental. Coller un instrumento de percusión (ou o que se teña) e tocar cando a figura sexa de cor percutindo unha vez por cada sílaba.

https://www.youtube.com/watch?v=KLSf36iPqu8&feature=emb_logo

  • Instrumentos musicais. Intenta pechar os ollos e adiviñar o instrumento que esta a sonar, logo abre os ollos para comprobar se acertaches.

https://www.youtube.com/watch?v=to73mH1MTwc

jueves, 12 de diciembre de 2019

CANTOS DE REIS E AGUINALDOS

Outro ano máis voltamos cos cantos de reis e aguinaldos, con novidades, sorpresas e coa animada ruta do caramelo. Déixovos a continuación as cancións que traballaremos. 

https://musicascativas.wixsite.com/cantandoosreis2019

martes, 12 de noviembre de 2019

UKELELE 2019

O alumnado de 6º recibiu unha grata sorpresa xa que chegaron os ukeleles cos que van a traballar estre ano. Un proxecto moi interesante.

https://www.youtube.com/watch?v=rrfQYnPRO6E

TRUCO OU TRATO

O alumnado de 3ºA interpretando unha coreografía da canción trick or treat para traballar o samaín.

https://youtu.be/1c7Ua__Zqhg

jueves, 7 de noviembre de 2019

BANDAS SONORAS DO SAMAÍN

Xa chegaron as bandas sonoras do samaín. Bo traballo rapaces.

https://musicascativas.wixsite.com/bsosamain2019

jueves, 25 de abril de 2019

TÍTERES LIKE YOU

O alumnado de 6º despide o trimestre cunha pequena escenificación titiriteira do tema de Marron 5 "Girls like you" cun toque diferente.

https://www.youtube.com/watch?v=k2ggGfFrbIU


https://www.youtube.com/watch?v=VsbgFmx2Tko&feature=youtu.be


https://www.youtube.com/watch?v=aJOTlE1K90k

martes, 23 de abril de 2019

FACEMOS UN GLOBOLATA EN INFANTIL

https://www.youtube.com/watch?v=Oqz7Tb-NWxY

lunes, 22 de abril de 2019

ROCK BRAVÚ GALEGO

O alumnado de 6º está a traballar o rock bravú nesta semana. Aquí vos deixo un resumo do máis salientable.

https://musicascativas.wixsite.com/rockbravu

lunes, 11 de marzo de 2019

HISTORIA DA MÚSICA

O alumnado de 6º comeza neste trimestre cun breve resumo do que foi a historia da música, as súas etapas e características máis importantes.

https://musicascativas.wixsite.com/historiadamusica


https://www.youtube.com/watch?time_continue=8&v=If_T1Q9u6FM

jueves, 7 de marzo de 2019

ECOPERCUSIÓN 2019

A semana pasada tivemos a sorte de ter connosco por segundo ano consecutivo a Didier, un mestre cubano de percusión que nos ofreceu unha masterclass sobre ecopercusión co fin de montar unha batucada. A continuación tedes un resumo do que foi o taller e un vídeo co resultado final a modo de exhibición diante de todo o cole. Agardo que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=XGnyRxKQMCA

 E para ver o vídeo da exhibición clica na seguinte foto.

https://youtu.be/lmtyequ5_eY