martes, 21 de abril de 2020

CORONAVIRUS MUSICAL - INFANTIL (Semana 20-26/04/20)

Comezamos coa sesión musical desta semana como habitualmente ao longo do curso, cun conto musical.
  • Conto musical: "O polo Pepe". Cantamos o retrouso e seguimos as indicacións do vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=AY2K1A0Ln5k

  • Actividade instrumental. "Musicograma Peppa pig". Coller un instrumento de percusión (ou o que se teña) e tocar cando a figura sexa de cor percutindo unha vez por cada sílaba.
https://www.youtube.com/watch?v=TAsrqRfufrE

  • Actividade de movemento: "Canción de las vocales". Movemento libre polo espazo cantando a canción e facendo as letras co corpo cando se fale de cada unha delas, alternando así unha parte de movemento espacial con outra parte de movemento corporal sen desprazamento.
https://www.youtube.com/watch?v=J3m5WNefmwQ

  • Acividade vogal: "Os números". Cantar a canción de María Fumaça contando cada número coas dedos das mans.
https://www.youtube.com/watch?v=NGrFgQ4trxU

  • Instrumentos musicais. Intenta pechar os ollos e adiviñar o instrumento que esta a sonar, logo abre os ollos para comprobar se acertaches.
https://www.youtube.com/watch?v=MNXJ9A8iSi4

  • Actividade de relaxación. "Chopin - Nocturno op.9 nº2". Tumbados no chan e respirando cada vez máis lenta e profundamente.
https://www.youtube.com/watch?v=9E6b3swbnWg

0 comentarios:

Publicar un comentario