lunes, 27 de abril de 2020

CORONAVIRUS MUSICAL 5º (Semana 27/04-03/05/20)

Boas a tod@s. Comezamos esta semana cun repaso de frauta. É importante que toquedes a frauta todas as semanas un pouquiño.
  • Frauta: "A castaña". Déixovos a continuación a partitura de frauta que imos repasar cun vídeo explicativo de como tocala.
https://www.youtube.com/watch?v=LQMwGodflNo&feature=youtu.be

  • Actividade instrumental: "Musicograma a ritmo de brincadeira". Collemos un instrumento ou un obxecto musical parecido aos que aparecen no vídeo para cada parte e percutimos unha vez para cada pulso debuxado cun instrumento e facemos silencio onde non seguindo as instruccións do vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=xKa8TUzkw7U&feature=emb_logo

  • Actividade de linguaxe musical: "As cualidades do son". Actividade de repaso do son e das súas cualidades. Deixo a seguir un xogo de repaso. Canto sabes?

https://www.symbaloo.com/mix/audicions


https://www.cerebriti.com/juegos-de-musica/cualidades-del-sonido

  • Improvisación musical: "Incredibox". Un xogo musical para improvisar e combinar ritmos. Clica na imaxe para a versión online. Tamén dispoñible a App.
https://www.incredibox.com/
  • Curiosidade musical: Sabias que... Queen, Bob Marley, Tupac e Jimi Hendrix xamáis gañaron un Grammy. Justin Bieber ten 7.

0 comentarios:

Publicar un comentario