lunes, 27 de abril de 2020

CORONAVIRUS MUSICAL 2º (Semana 27/04-03/05/20)

Boas a tod@s. Comezamos esta semana como case sempre, cun conto musical.
  • Conto musicado: "Chocolata" - Contos en cantos OQO. Cantar a canción e dramatizala con xestos.
https://www.youtube.com/watch?v=X_RMSVFBUCk

  • Actividade de movemento: "O tiburón" - O viravai. Movemento libre polo espazo con dramatización corporal nos sons de cada animal asociándolle un xesto.
https://www.youtube.com/watch?v=49CguurFPNo

  • Actividade instrumental: "Aram sam sam". Coller tres instrumentos (ou obxectos sonoros), un instrumento para cada aunha das tres partes. Para a parte de aram sam sam é recomendable un instrumento de percusión (tambor, taper...), para a segunda parte de guli guli é recomendable un instrumento axitado (maraca, maraca caseira...), para a terceira parte é recomendable un instrumento rascador (guíro, botella de anis, raiador caseiro...) A actividade realizarase sen movemento espacial.
https://www.youtube.com/watch?v=mpi_g5KfYt4

  • Xogo musical: "Soy una serpiente". Xogo de movemento e coordinación corporal polo espazo para facer un baile divertido en familia.
https://www.youtube.com/watch?v=WUol0rMWxAc

  • Musicograma: "Super Mario Bross". Percusión con algún tipo de instrumento musica ou palmas.
https://www.youtube.com/watch?v=ZdATT7rO5BQ

  • Actividade auditiva: Sons longos e curtos.
https://www.youtube.com/watch?v=lUYEvCly8Fo

  • Xogo musical interactivo: "Simon". Xogo de memoria auditiva, ata onde chegas?
http://www.jugarjuegos.com/juegos/flash/simon/juego.htm

  • Actividade de relaxación: "Para Elisa" - Beethoven. Tumbados no chan e respirando cada vez máis lenta e profundamente.
https://www.youtube.com/watch?v=lExWbKctJzo

0 comentarios:

Publicar un comentario