lunes, 27 de abril de 2020

CORONAVIRUS MUSICAL 6º (Semana 27/04-03/05/20)

Boas a tod@s. Comezamos esta semana cun repaso de frauta. É importante que toquedes a frauta todas as semanas un pouquiño.

Déixovos a continuación a partitura e un vídeo coas posicións dos dedos para tocala correctamente.

  • Frauta: "A saia da Carolina". Déixovos a continuación a partitura de frauta que imos repasar cun vídeo explicativo de como tocala.
https://www.youtube.com/watch?v=LQMwGodflNo&feature=youtu.be

  • Actividade instrumental: "Musicograma danza rusa". Collemos un instrumento ou un obxecto musical parecido aos que aparecen no vídeo para cada parte e percutimos unha vez para cada pulso debuxado cun instrumento e facemos silencio onde non, seguindo as instruccións do vídeo.
http://jfranmoreno.wix.com/danzarusa

  • Actividade de movemento: "Con calma" con Just dance. Reproducir os moventos tal e como aparecen no vídeo da forma máis exacta posible.
https://www.youtube.com/watch?v=ml8t-toRMwc

  • Actividade de linguaxe musical: "Linguaxe musical". Actividade de repaso dos aspectos básicos da linguaxe musical realizada no primeiro trimestre. Deixo a seguir un xogo en formato trivial de repaso.
https://musicascativas.wixsite.com/lenguajemusical

https://view.genial.ly/5a807c31dfe818779cb0e936/interactive-content-prueba

  • Improvisación musical: "Incredibox". Un xogo musical para improvisar e combinar ritmos. Clica na imaxe para a versión online. Tamén dispoñible a App.
https://www.incredibox.com/ 

  • Curiosidade musical: Sabias que... Queen, Bob Marley, Tupac e Jimi Hendrix xamáis gañaron un Grammy. Justin Bieber ten 7.

0 comentarios:

Publicar un comentario