lunes, 27 de abril de 2020

CORONAVIRUS MUSICAL INFANTIL (Semana 27/04-03/05/20)

Comezamos coa sesión musical desta semana como habitualmente ao longo do curso, cun conto musical.
  • Conto musical: "As dez galiñas". Cantamos o retrouso e seguimos as indicacións do vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=jw2kNCD0UDs

  • Actividade instrumental. "Musicograma sol, día, luna, noche". Coller un instrumento de percusión (ou o que se teña) e tocar cando corresponda percutindo unha vez por cada sílaba. Para @s máis intrépid@s podedes tocar e dicir a palabra.
https://www.youtube.com/watch?time_continue=55&v=5Q6dUAbpUnw&feature=emb_title

  • Acividade vogal: "Fun o mercado". Cantar a canción de María Fumaça con dramatización corporal, facendo os xestos por onde vai e a onde chega a formiguiña no noso corpo.
https://www.youtube.com/watch?v=01tIuTUc5Uw

  • Instrumentos musicais. Intenta pechar os ollos e adiviñar o instrumento que esta a sonar, logo abre os ollos para comprobar se acertaches.
https://www.youtube.com/watch?v=boCQpqAkuRs


  • Actividade de relaxación. "Ludwig van Beethoven - Für Elise/Para Elisa". Tumbados no chan e respirando cada vez máis lenta e profundamente.
https://www.youtube.com/watch?v=9E6b3swbnWg

0 comentarios:

Publicar un comentario