martes, 21 de abril de 2020

CORONAVIRUS MUSICAL - 1º e 2º (Semana 20-26/04/20)

Boas a tod@s. Agardo que estedes tod@s ben e alégrome de estar novamente con tod@s vos. A partir de agora a clase de música realizarémola únicamente a través deste blogue como ferramenta intermediaria co alumando. Igualmente tratarei de realizar algunha videoconferencia nos próximos días pero avisarei con anterioridade para estar preparad@s. A continuación tedes unha serie de actividades que podedes realizar de forma voluntaria nesta sesión. Cada semana será unha sesión diferente e polo tanto terá actividades variadas. Moito ánimo.

  • Conto musicado: "Cocorico". Cantar a canción e dramatizala con xestos.

https://www.youtube.com/watch?v=VtyHS-t-laM

  • Actividade de movemento: "La gallina turuleca". Movemento libre polo espazo con percusión corporal de palmas no retrouso.
https://www.youtube.com/watch?v=AYK6f_dMtNY

  • Actividade instrumental: "El gallo pinto". Coller un instrumento calquera e marcar o pulso con movemebnto libre polo espazo.

https://www.youtube.com/watch?v=Hb3-DapMfmQ

  • Xogo musical: "Chocolate". Xogo de movemento e coordinación corporal pero con pes.

https://www.youtube.com/watch?v=IqJjBh6SM98

  • Musicograma: "Angry birds". Percusión con algún tipo de instrumento musical.


https://www.youtube.com/watch?v=jkjhF0TRxE4&feature=emb_logo

  • Actividade de relaxación: "O son do ar" - Luar na lubre. Tumbados no chan e respirando cada vez máis lenta e profundamente.
https://www.youtube.com/watch?v=ezVaHlNFQ1I

0 comentarios:

Publicar un comentario