Comezamos coa sesión musical desta semana como habitualmente ao longo do curso, cun conto musical.
- Conto musical: "O polo Pepe". Cantamos o retrouso e seguimos as indicacións do vídeo.
- Actividade instrumental. "Musicograma Peppa pig". Coller un instrumento de percusión (ou o que se teña) e tocar cando a figura sexa de cor percutindo unha vez por cada sílaba.
- Actividade de movemento: "Canción de las vocales". Movemento libre polo espazo cantando a canción e facendo as letras co corpo cando se fale de cada unha delas, alternando así unha parte de movemento espacial con outra parte de movemento corporal sen desprazamento.
- Acividade vogal: "Os números". Cantar a canción de María Fumaça contando cada número coas dedos das mans.
- Instrumentos musicais. Intenta pechar os ollos e adiviñar o instrumento que esta a sonar, logo abre os ollos para comprobar se acertaches.
- Actividade de relaxación. "Chopin - Nocturno op.9 nº2". Tumbados no chan e respirando cada vez máis lenta e profundamente.
0 comentarios:
Publicar un comentario