miércoles, 22 de abril de 2020

CORONAVIRUS MUSICAL - 6º (Semana 20-26/04/20)

Boas a tod@s. Comezamos esta semana cun repaso de frauta. Déixovos a continuación a partitura e un vídeo coas posicións dos dedos para tocala correctamente.
  • Frauta: "A saia da Carolina". Déixovos a continuación a partitura de frauta que imos repasar cun vídeo explicativo de como tocala.

https://www.youtube.com/watch?v=LQMwGodflNo&feature=youtu.be

  • Actividade instrumental: "Musicograma overtura da ópera Carmen de Bizet". Collemos un instrumento ou un obxecto musical se non temos e percutimos unha vez para cada figura musical seguindo as instruccións do vídeo. Tamén vale con palmas.
https://www.youtube.com/watch?v=V4klCGTlaeg
 
  • Actividade de percusión: "Xogo de ritmo con baquetas". Necesitamos dous palos, pinchos morunos, bolis... para percutir sobre un caldeiro, tina.... e seguir as instrucción do vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=0wuh7NPeB6Q

  • Actividade de linguaxe musical: "Lanza ao profe". Actividade de repaso dos conceptos de linguaxe musical traballados no primeiro trimestre. Canto sabes?
http://mariajesuscamino.com/Content/repaso-lenguajemusical.swf

  • Curiosidade musical: Sabias que... as termitas comen madeira ao dobre de velocidade se escoitan Heavy metal e as vacas dan máis leite se escoitas música relaxante?

0 comentarios:

Publicar un comentario