Boas a tod@s. Comezamos esta semana cun repaso de frauta. É importante que toquedes a frauta todas as semanas un pouquiño.
- Frauta: "A castaña". Déixovos a continuación a partitura de frauta que imos repasar cun vídeo explicativo de como tocala.
- Actividade instrumental: "Musicograma a ritmo de brincadeira". Collemos
un instrumento ou un obxecto musical parecido aos que aparecen no vídeo para cada parte e percutimos unha vez
para cada pulso debuxado cun instrumento e facemos silencio onde non seguindo as instruccións do vídeo.
- Actividade de linguaxe musical: "As cualidades do son". Actividade de repaso do son e das súas cualidades. Deixo a seguir un xogo de repaso. Canto sabes?
- Improvisación musical: "Incredibox". Un xogo musical para improvisar e combinar ritmos. Clica na imaxe para a versión online. Tamén dispoñible a App.
- Curiosidade musical: Sabias que... Queen, Bob Marley, Tupac e Jimi Hendrix xamáis gañaron un Grammy. Justin Bieber ten 7.
0 comentarios:
Publicar un comentario