Frauta:"Os esqueletes". É importante que toquedes a frauta todas as semanas un pouquiño. Déixovos a continuación a partitura de frauta que imos repasar cun vídeo explicativo de como tocala.
Musicograma:Lectura rítmica. "Ruinas de Atenas" de Beethoven. Tocar con palmas ou algún instrumento de percusión respetando as indicacións do vídeo.
Movemento: "Pousa pousa" de Uxía lambona. Movemento guiado polo espazo e facer os movementos do retrouso como no vídeo e aprender uns pasos para bailar a muiñeira.
Xogo musical interactivo: "Simon".Xogo de memoria auditiva, ata onde chegas?
Actividade de relaxación:"Para Elisa" - Beethoven. Tumbados no chan e respirando cada vez máis lenta e profundamente.
A finalidade deste blogue é totalmente educativa e non ten ningún ánimo de lucro, asi que si se utiliza algunha imaxe, música, fotografía... que non sexa de uso público, por favor facéo saber e a retiraremos o antes posible.
0 comentarios:
Publicar un comentario